Inicio Baixo Miño A Guarda Voluntarios recollen setenta e tres sacos con plásticos na costa da Guarda

Voluntarios recollen setenta e tres sacos con plásticos na costa da Guarda

Setenta e tres sacos con plásticos foron recollidos o pasado domingo na costa da GuardaO pasado domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais “O Buxeiro” organizou unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda.

Esta actividade, que contou coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, realizouse por diferentes puntos da costa de A Guarda, O Rosal e Oia, participando máis dunha trintena de persoas.

O grupo de voluntarios reuniuse previamente ás 8:00h da mañá na Alameda da Guarda, onde atenderon as explicacións do funcionamento desta actividade e se repartiron os sacos e luvas para poder recoller os plásticos da costa.

De seguido, e repartidos en grupos, os voluntarios desprazáronse a diferentes puntos da costa entre a desembocadura do Río Miño na Guarda e ata a zona das Orelludas en Oia, recuperándose un total de 73 sacos de plásticos, 32 sacos na Guarda, 21 sacos no Rosal e 20 sacos en Oia.

Voluntarios recollen setenta e tres sacos con plásticos na costa da Guarda

Destacan coma curiosidades que se retiraron da costa numerosos aparellos de pesca, cordas, cordeis, boias, caixas de plástico, pezas de poliéster, mangueiras, así como tamén unha roda dun turismo e varias tubaxes de PVC.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Xan Lois Lomba, destacou a boa acollida desta actividade, agradecendo a implicación de O Buxeiro e a participación dos voluntarios, destacando que este tipo de iniciativas son moi importantes para concienciar aos veciños e veciñas sobre o grave problema da contaminación con plásticos nos nosos mares, á vez que se contribúe á mellora medioambiental do noso entorno.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies