Inicio Pontevedra Baixo Miño Tomiño acondiciona o Espazo Fortaleza e arredores para o verán

Tomiño acondiciona o Espazo Fortaleza e arredores para o verán

Tomiño acondiciona o Espazo Fortaleza e arredores para o veránA apertura do punto de información, o acondicionamento da praia fluvial e a contratación de socorristas veñen a sumarse á limpeza integral da fortaleza, que pode visitarse libremente

Coma cada verán, o Concello de Tomiño acondiciona o Espazo Fortaleza e arredores, na parroquia de Goián, de forma que este enclave ofreza ás persoas visitantes ou usuarias habituais, desfrutar da praia fluvial sobre o río Miño, percorrer a antiga Fortaleza de San Lourenzo, alugar bicis e kaiaks; solicitar información turística, ou pedir en préstamo xogos e libros no Punto de Información.

tomino-acondiciona-dous-pantalans-nas-parroquias-de-goian-e-sobrada-torron

O horario de apertura do Punto Fortaleza é de xoves a domingo (xoves e venres do mes de xullo: de 17.30 a 21.30; sábados e domingos de xullo: de 16:30 a 20:30 horas. En agosto será de xoves a domingo, de 16.30 a 20.30 horas. Ademais do préstamo de xoguetes, xogos de mesa, libros e revistas, tanto para público infantil, coma para adulto, ofrécense unha serie de espazos para uso das persoas que visiten as instalacións, coma por exemplo, un espazo para a lactación, para que as mamás poidan aleitar e/ou descansar coas súas bebés, ou o espazo de xogo infantil, no que nenas e nenos a través do xogo libre desenvolven a súa creatividade.

Ao fronte do Punto Espazo Fortaleza están Tamara Gagliardi e Karina Bouzada. Ambas as dúas realizan actividades para público, na súa maioría infantil, tales coma obradoiros de reciclaxe, de plástica, de fabricación de xoguetes, conta-contos, xogos populares, etc.
Ofrecen ademais información turística e sobre as actividades culturais que se realizan tanto no concello de Tomiño, coma no resto da comarca.

En agosto poderase tamén alugar kaiaks e bicicletas.

A praia fluvial de Goián conta, ademais, con dous socorristas na tempada estival, aos que se instalará nestes días unha cadeira de vixilancia, para controlar mellor os distintos puntos da praia e do río. O horario de verán para eles é de 13.00 a 20.30 horas, os meses de xullo e agosto, rematando o día 1 de setembro de 2019.

Tomiño acondiciona o Espazo Fortaleza e arredores para o verán

Limpeza fortaleza

Por outra parte e coma vén sendo habitual cada verán, o Concello procedeu a limpar de maleza todo o terreo da Fortaleza de San Lourenzo, por dentro e por fora, incluíndo os muros, portas, fosos e pasadizos. A actuación foi levada a cabo pola empresa Miño Xardín e consistiu en rozar  perimetralmente os muros mediante tractor, e as paredes laterais e foxos, con rozadoiras  manuais, nunha área total de case 40.000 metros cadrados.

Noutra orde de cousas, e tal coma se anunciou recentemente, a Deputación destinará 200.000 euros ao acondicionamento do Espazo Fortaleza no marco do proxecto “Visit Río Minho”.  A actuación forma parte da creación do primeiro parque transfronteirizo de lecer de Europa, froito da unión do Castelinho e a Fortaleza.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies