Inicio Baixo Miño A Guarda A Catedral de Notre Dame na exposición de maquetas e figuras inaugurada...

A Catedral de Notre Dame na exposición de maquetas e figuras inaugurada onte na Guarda

A Catedral de Notre Dame na exposición de maquetas e figuras inaugurada onte na GuardaO Centro de Interpretación das Fortalezas, no Castelo de Santa Cruz, inaugurouse onte unha exposición que amosa o traballo do rosaleiro Praxíteles González.

Na inauguración estiveron presentes, Antonio Lomba, alcalde da Guarda e a concelleira de Turismo, Montse Magallanes, que acompañados de Praxíteles puderon ver as maquetas que se expoñen do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.

Praxíteles, xa xubilado, dí que precisa de proxectos coma este para ter unha ilusión e coller con gañas cada novo día, entre as súas obras destacan varias maquetas, da Casa Indiana na que se atopa o Centro Cultural de A Guarda, da Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal ou tamén preto de 40 esculturas en barro e outras realizadas con materiais de refugallo.

Praxíteles González ten realizado diversas exposicións dos seus traballos na Feira de San Gregorio de Pías, no Concello do Rosal ou no Centro Cultural da Guarda.

Ademais destas obras, Praxíteles é tamén escritor, con 5 libros as súas costas coma “Embajadores de los Infiernos” con tres edicións e que trata sobre a vida dos cabaqueiros; “Ribeiras do Baixo Miño” sobre os usos e costumes do Rosal; “Topónimos, a Terra das nosas raíces” con más de 900 topónimos da Guarda e do Rosal xunto cun mapa de toponimia; “Yo también fuí contrabandista en el Estuario del Miño” sobre os tempos do estraperlo e o pisco na Comarca; e xa para finalizar o seu derradeiro libro “Yo también estuve en la República Federal Alemana”que trata sobre a emigración entre os anos 1960 e 1980.

Horarios de visita: 

Xoves, Venres, sábado e domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

Nesta Semana Santa a exposición terá lugar no contexto dunhas Xornadas de Portas Abertas para achegar o Centro de Interpretación das Fortalezas e o Castelo de Santa Cruz á cidadanía guardesa e visitantes, con entrada de balde.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

38FansGóstame
271SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies