Inicio Pontevedra Baixo Miño O Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño busca relevos

O Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño busca relevos

O Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño busca relevosA entidade descubriu a insignia do selo Cidades Amigas da Infancia (CIA) nun acto presidido por Unicef Galicia

O Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas” de Tomiño, celebrou esta semana un pleno no Concello, co fin de artellar a estratexia de difusión da campaña de adhesión de novos socios e socias que comezará nestes días, e lograr deste xeito suplantar aos membros que se darán de baixa en breve, por cumprir os 18 anos.

A mencionada campaña de difusión e adhesión de novas persoas levarase a cabo, fundamentalmente, a través das redes sociais, xa que son estas as que utiliza a maioría da poboación moza. Para formar parte do consello Voces Novas, hai que escribir un correo electrónico a vocesnovas.tomino@gmail.com, ou ben, mandar unha mensaxe por Instagram (@vocesnovas).

Tras o pleno do Consello da Infancia e Adolescencia, os mozos e mozas aproveitaron para falar coa alcaldesa da vila, Sandra González, e dúas representantes de Unicef Galicia, Gloria Del Río (vicepresidenta) e Marisé Pérez Mariño (vogal).

Asemade, procederon a descubrir a insignia de Cidade Amiga da Infancia, en cuxo proceso de recoñecemento, xogaron un papel fundamental.

“Eles teñen unha visión do mundo moi diferente á nosa e é necesario que o interese por intervir nas decisións dos adultos, se contaxie á poboación moza”, recoñeceu Gloria Del Río.

A alcaldesa, pola súa banda, explicou que o distintivo do Selo CAI colocarase en breve na rotonda de entrada á nova rúa que permitirá, por unha parte, sortear o centro da localidade aos vehículos e, por outra, acceder andando ás zonas máis céntricas.

Tomiño forma parte, por catro anos, da rede Cidades Amigas da Infancia xunto a outras 273 localidades de España, cuxos gobernos locais situaron á infancia no centro das súas políticas públicas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies