Inicio Pontevedra A campaña de turismo “Fame de Experiencias” segue batendo récords

A campaña de turismo “Fame de Experiencias” segue batendo récords

A campaña de turismo “Fame de Experiencias” segue batendo récordsNovo recoñecemento internacional en Turquía para “Fame de Experiencias” co Premio de Ouro do Festival entre 350 películas de 75 países

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou o pasado venres en rolda de prensa do “auténtico récord de premios” que segue a colleitar o audiovisual da campaña turística 2019, “Fame de Experiencias”, que esta semana obtivo un novo galardón no Festival Internacional de Cine Turístico de Turquía, que forma parte do circuíto de festivais do CIFFT (Comité Internacional de Festivais de Cine Turístico).

A campaña de turismo “Fame de Experiencias” segue batendo récords

“Fame de Experiencias” conseguiu o Premio de Ouro do certame ao Mellor Vídeo de Produto Turístico, despois de ser seleccionado entre 350 películas de 75 países. Laura Fontán, directora do vídeo xunto a Alberto Baamonde de Esmerarte, foi a encargada de recibir o premio na gala que se desenvolveu na Capadocia turca, na espectacular contorna do Val dos Monxes de Pasabag.

Trátase do 9º recoñecemento internacional para “Fame de Experiencias”, tras os de Fitur, Golden City Gate de Berlín, New York Festivals TV & Film Awards, International Tour Film Fest de Bulgaria, Festival de Turismo de Riga, US International Film & Video de Los Ángeles, SilaFest de Serbia e no Terres Festival, “que revalidan –en palabras de Silva- a aposta da Deputación por un modelo vangardista de promoción turística”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies