spot_img
InicioVigo e áreaVigoZona Franca presenta a súa nova sede coa que quere estar mais...

Zona Franca presenta a súa nova sede coa que quere estar mais preto da cidadanía e os emprendedores

Zona Franca presenta a súa nova sede coa quere estar mais preto da cidadanía e os emprendedoresO Consorcio celebrou un acto de posta en servizo da nova sede en Areal con alcalde e presidenta da Deputación, á espera da súa inauguración oficial en xaneiro

O Consorcio da Zona Franca de Vigo descubriu a escultura O Abrazo, de Andrés Conde, na súa nova sede de Areal, nun acto de posta en servizo do edificio, que se abre aos cidadáns, asociacións, colectivos, emprendedores, empresas e startups para todo tipo de actividades. No mesmo acto, coa presenza do delegado do Estado, David Regades; o alcalde de Vigo e presidente do Consorcio, Abel Caballero; e a presidenta da Deputación provincial, Carmela Silva, descubríronse os segredos da reforma de edificio histórico, o máis rechamante un pozo con escaleira de pedra de acceso, que permanecera oculto durante décadas.

Zona Franca presenta a súa nova sede coa quere estar mais preto da cidadanía e os emprendedores

David Regades, puxo en valor “que se trata dunha obra que tivo en conta a recuperación de patrimonio histórico da cidade, cunha gran sensibilidade polos elementos arquitectónicos, que marcan a personalidade do edificio e a súa contorna, na rúa Areal”. Tamén “a volta ás orixes de Zona Franca, onde empezou hai 75 anos, cunha nave no peirao de Areal” e que “estará aberto á cidadanía”.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, cualificou de “extraordinaria” a recuperación do edificio e definiuna coas ideas de “sensibilidade, respecto polo patrimonio, luz, intelixencia para enchelo de contido, aposta pola cidade e ganas de impulsar Vigo”. Destacou o labor do delegado do Estado porque “Zona Franca no centro será un revulsivo para a cidade. Este edificio é un orgullo para os vigueses”, concluíu.

Zona Franca presenta a súa nova sede coa quere estar mais preto da cidadanía e os emprendedores

 

O alcalde e presidente do Consorcio da Zona Franca, Abel Caballero, mostrou a súa satisfacción polo resultado da obra e asegurou que “estamos a dar un paso moi importante na transformación da cidade de Vigo, con pasos de forma continua”. Ademais, destacou o valor de que o Consorcio “veña ao corazón da cidade para acoller aos cidadáns”. Lembrou que “Zona Franca é un inmenso movilizador da economía. Presídoa desde hai case 15 anos e son a persoa que máis tempo fun presidente e todo o chan industrial que se fai na cidade lévao adiante Zona Franca”, salientou.

15 anos de recuperación histórica do patrimonio de Vigo

O delegado do Estado, destacou ademais que a cidade “viviu os últimos 15 anos unha recuperación histórica do seu patrimonio, ademais deste edificio de Areal 46, a sede da Deputación, a sede da Universidade no edificio Redeiras do Casco Vello, o antigo edificio do Xeral para novos xulgados, o Rexistro na rúa Real ou o servizo de notificacións dos xulgados no barrio histórico”, subliñou. Lembrou que Zona Franca ten en marcha outros dous grandes proxectos de recuperación do patrimonio, como é a sede de Down Vigo, no Casco Vello, e a Panificadora.

Zona Franca presenta a súa nova sede coa quere estar mais preto da cidadanía e os emprendedores

Quixo agradecer a Andrés Conde “a súa doazón do deseño da obra, que se converterá nun emblema da cidade”. Engadiu que “a cultura tamén é economía e comprometémonos a poñer en todos os novos proxectos obras de arte, como o edificio de Down Vigo e o de López Moura”.

Nesta liña quixo ter un agradecemento especial para o arquitecto, Pedro da Puente, que asesorou tecnicamente na redacción do proxecto, e os servizos técnicos do Consorcio, “polo seu respecto á hora de afrontar a rehabilitación dun edificio tan icónico de Vigo, como é a nosa nova sede, que antes foi casa particular, Banco de España, Goberno Militar, Reitorado da Universidade de Vigo e edificio municipal do Concello”. David Regades anunciou que “esperamos poder celebrar un acto de inauguración no principio do ano”.

Un edificio para a cidadanía e as empresas

O Consorcio da Zona Franca de Vigo ofrecerá toda a planta baixa deste histórico edificio vigués para que se poidan organizar desde reunións a cursos coas facilidades que dá atoparse en pleno centro da cidade.

Varias salas de diferentes tamaños, aulas e o propio auditorio, de 140 metros cadrados e 126 prazas, que son ampliables, configuran a oferta aberta á cidade para a que se establecerá un sistema para a reserva de espazos. “Trátase de estar preto da cidadanía e os emprendedores para que usen o gran potencial que ofrece a Zona Franca para crear emprego”, salientou o delegado do Estado.

Ademais, a Zona Franca libera a zona portuaria das súas oficinas, en Bouzas, e poderá destinar eses espazos a empresas. David Regades destacou que “as oficinas do Consorcio ocupan en Areal menos espazo, pasamos de 2.700 m2 en Bouzas a menos de 2.000 en Areal e engadimos novos ingresos cos alugueiros de Bouzas, onde en xaneiro a ocupación será do 80%, para seguir investindo na economía da área de Vigo”, sinalou.

Un pozo subterráneo oculto durante décadas

No acto de posta en servizo descubríronse os segredos do edificio, que se puxeron en valor tras a reforma, o máis rechamante un pozo subterráneo, cunha escaleira de pedra de acceso, que agora se pode ver ao instalar un cristal e iluminación.

Zona Franca presenta a súa nova sede coa quere estar mais preto da cidadanía e os emprendedores

Os técnicos da reforma estiman, tras a análise dos planos, que o pozo se construíu á vez que a casa particular inicial e que, na ampliación que se realizou para o Goberno Militar, quedou oculto. Non descartan que logo puidese utilizarse como almacén de obxectos que os seus moradores non querían que visen a luz.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.