spot_img
InicioVigo e áreaVigoZona Franca pon en marcha unha aceleradora do sector téxtil con Roberto...

Zona Franca pon en marcha unha aceleradora do sector téxtil con Roberto Verino

Zona Franca pon en marcha unha aceleradora do sector téxtil con Roberto VerinoZona Franca pon en marcha con Roberto Verino unha nova aceleradora, ViaTextil, que o delegado do Estado, David Regades; e o presidente e fundador de Roberto Verino presentaron na sede de Zona Franca, nun acto con presenza de empresas do sector

Revista COUSAS DE nº14

David Regades explicou que “o programa está destinado a startups, empresas de recente creación e pemes que teñen potencial para crecer, buscamos proxectos liderados por equipos con talento que unicamente necesitan un empuxón para crecer innovando e cunha estratexia definida”. Engadiu que a proposta de Verino “presentaba un coñecemento profundo do sector e nela identificábanse as necesidades detectadas no sector téxtil”.

Roberto Verino sinalou que “o sector téxtil é un aceno de identidade de Galicia que hai que seguir proxectando con iniciativas como esta acelaradora”. Verino admitiu que a “idea de presentarnos a esta licitación foi un reto para nós como empresa e fixémolo convencidos de poder liderar un proxecto tan apaixonante e innovador como este repleto de sinerxias”. Recoñeceu, durante a súa intervención “a gran importancia de toda a área metropolitana de Vigo con José Regojo e a súa fábrica de camisas ou as máquinas de coser de Refrey que axudaron a consolidar un sector que ten moito que dicir desde Galicia para o resto do mundo”.

O 3 de outubro abrirase a convocatoria, que permanecerá aberta ata o día 28 dese mesmo mes. A publicación de admitidos farase en novembro e ese mesmo mes empezará o programa cunha xornada de benvida aos 10 participantes seleccionados entre todos os rexistrados. Os criterios de selección dos participantes estarán perfectamente definidos e ao alcance dos interesados nas bases da convocatoria. O proceso de aceleración durará sete meses.

Tras o éxito de programas sectoriais como VinoExterior, CulturaExterior ou MarExterior, Zona Franca quixo dar unha volta de porca no apoio á innovación e desenvolvemento de negocio das empresas galegas. Esta vez foron as propias empresas as que identificaron cales eran as necesidades detectadas no seu sector e os obxectivos que se poderían alcanzar co programa. A proposta que obtivo mellor puntuación foi a presentada por Roberto Verino para o sector téxtil.

O programa da aceleradora contará cunha selección de 20 relatores, todos eles profesionais de recoñecido prestixio, con ampla formación, expertos en desenvolvemento de negocio e estratexia empresarial, e cunha ampla traxectoria vinculada ao sector téxtil.

- Publicidade -spot_img