spot_img
InicioVal MiñorBaionaEste domingo 11 de setembro volven os roteiros de sendeirismo “Baiona Natural”

Este domingo 11 de setembro volven os roteiros de sendeirismo “Baiona Natural”

A iniciativa, bautizada como ‘Baiona Natural’ permitiu habilitar novos roteiros de sendeirismo entre as catro parroquias do municipio. Están adaptadas para público  maior de 16 anos, este domingo é a quenda do roteiro “A Groba Montañosa”.

Revista COUSAS DE nº14

O roteiro é gratuítas e  é necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal, ou por teléfono no  986 68 70 67. O prazo esta´aberto ata este sabádo 10 de setembro, ás 19:00h.

Os roteiros deseñados pola empresa Baiventura, empresa local que levou a cabo os percorridos, celebráronse  no mes de abril, maio. Tamén no mes de xuño e neste mes setembro.  O baionés á fronte da empresa local, David Fontán, será o guía.

Esta campaña enmárcase dentro da estratexia da A Concellería de Turismo de Baiona para reactivar o sector turístico na época post-COVID a través do ecoturismo. Deste xeito, compleméntase a oferta turística e cultural da localidade. Baioneses e visitantes poderán gozar dunha nova alternativa na que gozar do seu tempo libre.

Roteiro 4- “A Groba Montañosa”

Deseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da súa contorna. Este roteiro mostraranos as diferentes formacións e desniveis creados pola natureza e que dan forma a Serra da Groba. Terá unha duración aproximada de 3,5h, a súa dificultade é moderada e está recomendada para maiores de dezaseis anos. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse:A regueira Escura, Camiño Medieval, Calveiras, Floral da Groba, Pedra do Acordo, As Abrutias, Miradoiro Alto dá Groba e Gabiñeira.

- Publicidade -spot_img