spot_img
InicioBaixo MiñoTerras Gauda propón unha escapada para vivir a vendima en primeira persona

Terras Gauda propón unha escapada para vivir a vendima en primeira persona

vendima terras gaudaO sábado, 17 de setembro, a adega ofrece unha experiencia de enoturismo para coñecer a cultura do viño no momento clave do ano

Revista COUSAS DE nº14

Co viñedo en todo o seu esplendor, o ciclo da vide chega ao seu fin: é tempo de vendima e Terras Gauda propón unha experiencia única de enoturismo para compartir en familia, en parella ou con amigos.

O sábado, 17 de setembro, ás 11:30 horas, a adega abre as súas portas para mostrar, paso a paso, a viaxe que traza a uva desde a súa colleita ata o embotellado.

O percorrido comeza na viña, onde os vendimiadores recollen, un a un, os mellores acios en perfecto estado de maduracíón. Unha excelente ocasión para coñecer as características diferenciadas das tres variedades autóctonas que se cultivan en Terras Gauda: Albariño, Loureiro e Caíño Blanco.

A experiencia continúa no interior da adega para seguir os primeiros pasos da elaboración do viño, o despalillado e a maceración; descubrir os procesos que levan a cabo nas salas de vinificación e, a continuación, realizar unha cata guiada dos primeiros mostos.

Finalmente, a degustación de Terras Gauda e A Mar, acompañados dun aperitivo, pon o broche a unha xornada na que maiores e nenos terán a oportunidade de vivir en primeira persoa o momento máis vibrante do ano no viñedo.

É necesario realizar reserva previa no teléfono 986 621 045 ou a través do mail enoturismo@terrasgauda.com

Toda a información sobre os distintos plans de enoturismo en Terras Gauda está detallada na web https://www.terrasgauda.com/enoturismo/

- Publicidade -spot_img