spot_img
InicioO SalnésCambadosRamón Cabanillas protagonista unha vez máis en Cambados coa presentación da edición...

Ramón Cabanillas protagonista unha vez máis en Cambados coa presentación da edición fascimilar do seu primeiro poemario

O Museo Ramón Cabanillas de Cambados acolleu onte a presentación da edición facsímile de No desterro, o primeiro poemario do autor cambadés, no que amosa o seu inequívoco compromiso social

Revista COUSAS DE nº14

No acto participaron Francisco Fernández Rei, Tino Cordal (concellleiro de Cultura), Pitusa Vidal Cabanillas, Miguel Cabo (autor do estudo introductorio para esta edición), Xosé Manoel Núñez Seixas (Consello Cultura Galega) e María Baleato (Secretaría Xeral da Emigración)

‘No desterro’ fai parte da colección ‘Clásico da Emigración’ que o Consello da Cultura Galega mantén con Galicia Aberta

No desterro, o primeiro poemario de Ramón Cabanillas, ve a luz na Habana en 1913 cun limiar de Basilio Álvarez que o consagra como poeta social por excelencia, aínda que en termos estritos o poemas desa naturaleza fosen minoritarios no conxunto do volume. Nesa cidade e nesa data entrecruzanse as súas traxectorias biográficas e, simbólicamente, tamén conflúen tres dos fenómenos definidores da experiencia colectiva dos galegos do século XX: o galeguismo, a emigración eo agrarismo. A través de la biografía y la obra del poeta de Cambados é posible aproximarse a estos tres fíos de la historia reciente de Galicia, así como o seu reflexo na literatura.

Tamén se tenta profundamente na relación, prolongada ao longo de máis de tres décadas, entre Cabanillas e quen, con xustiza ou sen ela, remataría por personificar na memoria popular un movemento tan complexo e multiforme como foi o agrarismo galego: o abade de Beiro, Basilio Álvarez.

- Publicidade -spot_img