Inicio Pontevedra Zona Franca aproveita a enerxía geotérmica na renovación dos sistemas de climatización...

Zona Franca aproveita a enerxía geotérmica na renovación dos sistemas de climatización das súas instalacións

As instalacións de enerxías renovables do Consorcio da Zona Franca de Vigo alcanzan un megawatio de potencia geotérmica instalada  

Coa visita de Teresa Pedrosa ao edificio do Centro de Servizos da Granxa, esta mañá púxose en marcha un novo sistema de calefacción e refrixeración baseado no aproveitamento da enerxía geotérmica de baixa temperatura do subsolo. Esta instalación permitirá abastecer de calor e frío ao inmoble cun mesmo equipo e cun custo de funcionamento un 60 por cento inferior ao clásico sistema de caldeira de gas e enfriadoras eléctricas.

Sumando esta nova instalación baseada en enerxías renovables ás xa implantadas no Centro de Servizos do Parque Tecnolóxico de Vigo, nos Centros de Iniciativas Empresariais de Porto do Molle, na Granxa e na Casa do Reloxo de Baiona e no Edificio Aeroespacial de Porto do Molle, o Consorcio case alcanza un megawatio de potencia geotérmica instalada e configúrase como un referente nacional na loita contra o Cambio Climático mediante o uso de tecnoloxías non contaminantes e eficientes.

O sistema de climatización instalado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, mellora substancialmente a cualificación enerxética do edificio desde a actual ‘D’ ata a máxima cualificación posible ‘A’, e contou cunha importante subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético IDAE, dentro do Programa PAREER-CRECE.

A renovación dos sistemas de climatización do Consorcio configúranse como un referente nacional na loita contra o Cambio Climático

A extraordinaria eficiencia do novo sistema vai supoñer un importante aforro económico e, fundamentalmente, permitirá unha redución do 76 por cento na emisión de gases de efectos invernadoiro contribuíndo así a paliar o Cambio Climático.

A instalación, cunha potencia de 275 Kw, foi executada na súa integridade por empresas galegas, desde a redactora do proxecto de enxeñería VISER, pasando pola adxudicataria das obras CIVISGLOBAL, S.A., o fabricante das bombas de calor geotérmicas ECOFOREST, a empresa encargada da perforación das sondaxes GALAICONTROL, o fabricante das Sondas geotérmicas FERROPLAST e a empresa encargada das instalacións ENERGANOVA.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies