Inicio Val Miñor Baiona Os participantes na Escola de Verán de Baiona, visitan o Centro de...

Os participantes na Escola de Verán de Baiona, visitan o Centro de Día da Rede de Centros de Maiores da Xunta

A actividade de conciliación “Escola de Verán” está dirixida a menores de entre 3 e 12 anos e desenvólvese durante todo o mes de xullo

Os nenos e nenas que participan este mes de xullo na Escola de Verán de Sabarís, organizada polo Concello de Baiona, visitaron o xoves o Centro de Día da Rede de Centros de Maiores da Xunta de Galicia.

Con esta actividade, ademais dos obxectivos explícitos de lecer e entretemento, traballáronse valores de convivencia interxeracional. “A alegría e ilusión con que os usuarios e usuarias do centro recibían aos pequenos quedou plasmada nos seus sorrisos e mesmo nas emocións que manifestaban ao realizar actividades conxuntamente”, apuntou a concelleira de Igualdade, Carmen Paredes.

Xogos de memoria, actividades con exercicios físicos adaptados e mesmo actividades realizadas a través das Novas Tecnoloxías fixeron da xornada a escusa ideal para crecer e compartir momentos agradables e positivos.

O Concellería de Igualdade de Baiona organiza a Escola de Verán 2017 con preto dun cento de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. A actividade de conciliación, posta en marcha para dar servizo ás familias baionesas, tivo unha resposta altamente positiva e foron admitidas todas as solicitudes. A Escola de Verán desenvólvese ao longo do mes de xullo, de luns a venres, no CPI Covaterreña e no CEP de Sabarís.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies