spot_img
InicioO MorrazoBueuO FICBUEU avanza na internacionalización irmandándose co festival Avanca en Portugal

O FICBUEU avanza na internacionalización irmandándose co festival Avanca en Portugal

cineastas-chegados-de-media-ducia-de-paises-participaron-na-cerimonia-de-entrega-de-premios-do-9o-festival-internacional-de-curtametraxes-de-bueuAs curtas premiadas o ano pasado proxéctanse hoxe no municipio de Estarreja e en setembro verase cinema portugués en Bueu

 O FICBUEU avanza na senda da internacionalización establecendo un irmandamento co festival de cinema Avanca, que nestes momentos desenvolve a súa 21ª edición en Estarreja. Os filmes premiados o ano pasado amósanse hoxe na localidade lusa, mentres que en setembro será o público de Bueu quen goce das curtas portuguesas.

O Cinema Dolce Vita Ovar acolle ás 17.15 horas a proxección de ‘Piknik’ (Alemaña), ‘Esel’ (Austria) e ‘Eco’ (Galicia), gañadoras respectivamente da Ánfora de Ouro, a Ánfora de Prata e o Premio á Mellor Curtametraxe Galega no 9º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Como contrapartida, o 15 de setembro desenvolverase dentro da programación do FICBUEU 2017 a sección Irmandade. A partir das 18 horas visionaranse no Centro Social do Mar as obras portuguesas ‘Sendas’, ‘A festa do nosso menino São Gonçalinho’, ‘Landing’, ‘Your turn’, ‘Foi o fío’ e mais a brasileira ‘A felicidade mora aquí’. As tres primeiras resultaron premiadas na anterior edición do festival Avanca.

Por outra parte, o corresponsable da programación do FICBUEU 2017, Severiano Casalderrey, atópase nestes intres en Portugal para formar parte do xurado da sección Competición Avanca, canda especialistas do país veciño e de Marrocos. Pola súa banda, o director do certame que se celebra ata o vindeiro domingo en Estarreja, António Costa, participa no xurado internacional do 10º Festival de Curtametraxes de Bueu.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.