Inicio Pontevedra Baixo Miño Unha exposición na Guarda repasa os cen anos da historia do Museo...

Unha exposición na Guarda repasa os cen anos da historia do Museo Arqueolóxico de Santa Trega

unha-exposicion-na-guarda-acolle-unha-exposicion-repasa-os-cen-anos-da-historia-do-museo-arqueoloxico-santa-tregaO deputado de Turismo, Santos Héctor, acompañado do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, inauguraron onte  na ‘Casa dos Alonso’ a exposición “Viaxando pola historia, cen anos do Masat”, que recolle unha visión dende os comezos das primeiras escavacións no Monte Trega ante os últimos achados efectuados nas campañas arqueolóxicas da Deputación de Pontevedra.

A mostra recolle unha escolma das principais pezas atopadas en distintas escavacións no Monte Trega e unha serie de paneis nos que se poden percorrer os cen anos da fundación do Museo Arqueolóxico de Monte Trega. O deputado provincial, Santos Héctor, subliñou que o Monte Trega foi “unha das primeiras cidade de Galicia”  como o demostran as máis de 44.000 restos arqueolóxicos achados polo equipo de arqueoloxía da Deputación de Pontevedra hai uns meses, entre as que destaca o Cabezón do Trega: unha peza de 15 centímetros de forma antropomorfa de 2.000 anos de antigüidade.

Santos Héctor destacou que esta nova exposición e o propio Masat é un atractivo turístico da vila guardesa, porque  o patrimonio cultural e a arqueoloxía son os elementos con maior capacidade de atracción turística da nosa provincia. “De feito, máis da metade das persoas que veñen ata Rías Baixas viaxan ata aquí motivados, principalmente, pola nosa rica historia e polos xacementos arqueolóxicos, entre os que destaca, pola súa dimensión e envergadura, Santa Trega” subliñou o deputado provincial.

O compromiso da Deputación de Pontevedra co xacemento de Santa Trega  “é moi claro”, salientou Santos Héctor, que cifrou en 450.000 euros as inversións nos próximos meses en consolidar as estruturas e pezas achadas no barrio de Margelina.

A mostra, inaugurada onte, ten unha serie de paneis nos que móstranse diversas fotografías e publicacións dende 1912 cando crease a Sociedade Pro Monte Trega, liderada polo “indiano” Manuel Lomba. Non é ate dous anos despois cando realizase a primeira escavación tras a localización de diversos restos unha vez feitos os traballos da carreteira  de subida ao monte en 1913.

A importancia do legado da Sociedade Pro-Monte

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quixo destacar a necesidade de preservar e potenciar cara ao futuro o legado deixado polos membros da Sociedade Pro-Monte, creadores do hoxe coñecido como MASAT. Este é, segundo o rexedor, “un elemento imprescindible do noso Trega” que neste ano celebra o centenario do seu museo cunha serie de actividades, entre as que Lomba distinguiu esta mostra, coa pretensión de “homenaxear e dar a coñecer unha das nosas institucións máis salientables”.

O rexedor municipal agradeceu dun xeito especial o apoio prestado pola Deputación de Pontevedra para a realización desta exposición, que conta co financiamento da institución provincial a través do Plan Concellos 2017, e para a que cedeu un equipo de profesionais encargado da parte técnica, entre os que se atopa Rafael Rodríguez, comisario da exposición e coordinador do catálogo.

A nota musical da xornada viu da man do guardés Avelino Ferreira. Acompañado do seu oboe, foi o encargado de dar comezo á inauguración pasadas as 19 horas, coa interpretación da Cantata no. 156 de Bach. O mesmo músico puxo fin ó acto inaugural interpretando a peza do filme “La Misión”, de Ennio Morricone, para dar paso á apertura oficial da exposición ao público.

A mostra permanecerá aberta ao público ata o 27 de agosto, cun horario, de martes a sábado de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 22.00. Os domingos e días festivos será posible a súa visita entre as 12.00 e as 14.00 horas.

En 1917 crease o Museo Pro Monte Trega,  tras a localización de 19 moedas achadas nas escavacións como xeito de realizar a exposición destes primeiros restos. Outros paneis mostran toda a evolución do Masat, coas súas localizacións físicas en diversos inmobles de A Guarda ate a actual;  todas as persoas que tiveron participación na creación da Sociedade Pro Monte;  e outra parte, esta adicada as distintas escavacións realizadas no monte, incluída a máis coñecida do arqueólogo gaditano Margelina, autor do descubrimento do barrio que leva o seu nome, ate as últimas realizadas polo equipo da Deputación de Pontevedra.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies