Inicio Val Miñor Nigrán Praia América acolle a IV edición do Torneo de Rugby Praia Melgachos

Praia América acolle a IV edición do Torneo de Rugby Praia Melgachos

Participan 300 xogadores divididos en 23 equipos de toda a península

No marabilloso escenario da praia de Nigrán disputarase este sábado 29 de xullo unha nova edición do Torneo de Rugby Praia que Melgachos Lanuxes Rugbiers organiza anualmente co Concello de Nigrán na tempada estival.

O torneo consolidouse xa, na súa cuarta edición, como o referente do rugby praia en Galicia e un dos eventos máis prestixiosos de cantos se disputan en España nesta modalidade, non só pola cantidade de participantes que compiten, senón polo nivel dos equipos, que veñen de distintos puntos de Galicia, España e Portugal, e pola espectacularidade e o atractivo desta modalidade deportiva.

Así, un total de 300 xogadores divididos en 23 equipos tomarán parte no torneo que se disputará en tres categorías: a categoría senior masculino será a máis numerosa con 12 escuadras, por 4 en categoría feminina e 7 en veteranos. No tempo de descanso previsto para a comida, tres equipos de xogadores de categoría sub14 disputarán un mini torneo.

A competición dará comezo ás 11:00 disputándose ao longo do día 50 partidos. As finais poderán verse a partir das 19:00, tralas cales se procederá á entrega de trofeos e gozarase do tradicional terceiro tempo con festa de despedida con tódolos participantes. Nesta edición apostouse por un evento aínda máis limpo e sustentable, poñendo a disposición dos participantes vasos reutilizables que poderán levar a casa como recordo.

Finalizado o torneo, poderase gozar do XI Festival Nigrán Jazz no Esteiro dá Foz e dos food trucks de Rilla na Rúa na Ramallosa..

 

 

 

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies