spot_img
InicioBaixo MiñoVila Nova de Cerveira elixido “Municipio do Ano-Norte 2017”, polo seu traballo...

Vila Nova de Cerveira elixido “Municipio do Ano-Norte 2017”, polo seu traballo cooperativo con Tomiño

vila-nova-cerveira-elixido-municipio-do-ano-norte-2017-polo-seu-traballo-cooperativo-tominoVila Nova de Cerveira elixido o Municipio do Ano – Norte 2017 (categoría con menos de 20 mil habitantes). Ao galardón postuláronse 116 demandantes, resultando preseleccionados 34, e o proxecto “Agenda de Cooperação Transfronteiriça Amizade Cerveira-Tomiño”, foi distinguido con este recoñecemento sen precedentes, xunto a outros tres concellos.

Un recoñecemento a Cerveira e a Tomiño polo traballo desenvolvido en conxunto en prol do concepto de “desfronteirización”, constituíndose deste xeito como unha referencia na cooperación transfronteiriza Portugal/España.

O presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, expresou a súa satisfacción, dando as grazas “a todos que concretizam esta amizade entre dois países e um destino”.

Na mesma liña, manifestouse a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, trasladándolle os parabéns ao seu homólogo cerveirense.

O proxecto de cooperación transfronteiriza foi presentado por Cerveira ao concurso “Municipios do Ano Portugal 2017”, sendo nomeado na categoría “Norte-Menos de 20 mil habitantes”.

Dinamizado pola Universidade do Miño, a través da súa plataforma UN-Cidades, o certame vén a recoñecer as boas prácticas dos municipios portugueses, a través dun proxecto que producise impacto positivo ao nivel do territorio, economía ou sociedade, a partir do 1 de xaneiro de 2015.

Pola forte relación transfronteiriza existente e, consecuente, que repercute na mellora da calidade de vida e da cohesión social das poboacións, Cerveira presentouse a candidatura, dando a coñecer unha dinámica de desenvolvemento sustentábel do territorio sen fronteiras, baseado na explotación conxunta das potencialidades dos recursos comúns, como o río Miño; na preservación e promoción dos seus valores naturais, culturais e etnográficos, e na repartición e optimización dos equipamentos e servizos públicos de utilización colectiva”.

Na fase de selección, o presente proxecto foi ben acollido, sendo nomeado un dos catro municipios da categoría “Norte – Menos de 20.000 habitantes”.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.