spot_img
InicioPontevedra e ÁreaDeza e Tabeirós - Terra de MontesZona Franca analiza en Silleda o sector agroalimentario e o reto demográfico,...

Zona Franca analiza en Silleda o sector agroalimentario e o reto demográfico, no workshop do Plan estratéxico da provincia

Zona Franca analiza en Silleda o sector agroalimentario e o reto demográfico, no workshop do Plan estratéxico da provinciaO Consorcio da Zona Franca de Vigo analizou con axentes sociais e económicos de Tabeirós, Terra de Montes e Deza os sectores de agroalimentación e de turismo, así como o reto demográfico, no cuarto workshop do Plan Estratéxico da provincia.

Revista COUSAS DE Nº15

Tras as reunións de Tui, Salnés-Caldas e Pontevedra hai unhas semanas, chegou a quenda da mesa de traballo de Tabeirós, Terra de Montes e Deza, para completar a análise coas súas achegas.

En Silleda reuníronse nunha mesa de traballo a Asociación de Empresarios do Deza, a Asociación Feiral Semana Verde de Galicia, Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte e a Asociación de Turismo Rural e Lecer “Mar de Compostela.

O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, destacou que “este plan pretende ser un dos piares para o crecemento económico da provincia”. Neste sentido subliñou “a boa disposición de todos os axentes sociais e económicos para participar nestas mesas de traballo, porque ven o plan estratéxico como unha oportunidade”.

Ao workshop asistiron, ademais do delegado da Zona Franca, David Regads; o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña; a alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel; e a concelleira de Silleda Pilar Peón.

Estas mesas de traballo foron deseñadas para identificar liñas de traballo e proxectos que dean resposta aos retos demográficos, económicos e de desenvolvemento sostible aos que se enfronta a provincia. Ao longo das próximas semanas reunirase a última mesa, a da área de Vigo con Morrazo e Val Miñor.

As consultas aos axentes, complementa un diagnóstico global e pormenorizado por división económica no que se recolle a situación social e económica da provincia, así como as oportunidades e principais desafíos para os próximos anos. De todas estas achegas sairá un documento de liñas estratéxicas e posteriormente o plan operativo con accións concretas.

- Publicidade -spot_img