Inicio Pontevedra Zona Franca afianza o seu compromiso co monoplaza da Unviversidade de...

Zona Franca afianza o seu compromiso co monoplaza da Unviversidade de Vigo


Zona Franca reafirmou o seu compromiso de patrocinio co novo vehículo monopraza co que os alumnos da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo competirán este verán en Alemaña en Formúlaa Student, a competición interuniversitaria de carácter automobilístico máis importante de Europa.

Representantes dos 32 alumnos que levan adiante este proxecto, explicaron que o reto este ano consiste en resolver mellor a refrixeración do vehículo ao que están a aplicar un sistema de aerodinámica activa. Durante a entrevista con Regades, os futuros enxeñeiros valoraron moi positivamente o proxecto de pista de probas que a Zona Franca quere levar adiante conxuntamente co CTAG nos terreos da PLISAN inscritos no concello das Neves xa que alí poderán ver como o seu monopraza supera as diferentes probas dinámicas e analizar o comportamento das melloras técnicas que se apliquen cada ano.

Nesta quinta tempada, co patrocinio da Zona Franca, os alumnos da escuadra que locen xa un novo logotipo, levarán o nome de Vigo, a súa Universidade e o talento que achega ao sector da automoción, entre os mellores equipos do mundo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies