Inicio Baixo Miño A Guarda O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, nomeado representante titular do Consello Consultivo...

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, nomeado representante titular do Consello Consultivo da AECT Río Miño

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, nomeado representante titular do Consello Consultivo da AECT Río MiñoA pasada semana, a proposta da FEGAMP, Antonio Lomba foi designado coma representante titular do Consello Consultivo da AECT Río Miño (Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do RIO MIÑO), que traballa na elaboración dunha Estratexia de colaboración no territorio Transfronteirizo Galego-Portugués.

A constitución formal deste Consello Consultivo realizarase o vindeiro xoves día 4 de abril na Escola Superior de Ciencias Empresariais en Valença do Minho, onde se presentará a Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030, contando neste ocasión coa presenza de Dona María do Céu Albuquerque secretaria de Estado de Desenvolvemento Rexional, en representación do Ministro do Planeamento de Portugal, D. Nelson de Souza.

A Estratexia 2030 é o principal produto do proxecto Smart_Minho, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 (POCTEP 2014-2020), en concreto no seu eixe 4, destinado á mellora da capacidade institucional e eficiencia da Administración pública a tráves da cooperación transfronteiriza. Promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra, a Comunidade Intermunicipal (CIM) do Alto Minho e a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais (CEER), durante a implantación do proxecto constituíuse, a comezos de 2018, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Minho, que pasou a participar tamén nel. Para este organismo, a Estratexia 2030 actúa de axenda de acción para os próximos anos.

O territorio de intervención da AECT Río Miño abrangue 10 concellos que forman parte da CIM Baixo Miño en Portugal e 16 concellos que integran a Deputación de Pontevedra. O seu obxectivo é contribuir ao desenvolvemento e reforzar a cohesión económica e social do territorio, articulando o espazo común e promovendo as relacións de cooperación territorial, aumentando a cohesión institucional do espazo de intervención, promovendo o patrimonio cultural e natural transfronteirizo. Para elo se promove o territorio da AECT Río Miño no exterior, pondo en valor as potencialidades dos recursos endóxenos, creando e consolidando a marca turística transfronteiriza Río Miño e outras marcas no ámbito nacional e internacional.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies