Inicio Pontevedra Baixo Miño A exposición itinerante “Sorrisos transformadores” chega a Tomiño para quedarse até o...

A exposición itinerante “Sorrisos transformadores” chega a Tomiño para quedarse até o día 15

A exposición itinerante “Sorrisos trans*formadores” TomiñoA exposición fotográfica “Sorrisos transformadores”, do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Familias de Persoas Trans* ARELAS, pode visitarse desde hoxe e até o día 15 no Mercado Municipal de Tomiño.

Baixo o lema “Respecta-Defende-Sensibiliza-Iguala-Vive-E deixa vivir”, a mostra procura  fomentar a visibilización do colectivo LGTBI dun xeito positivo, así como sensibilizar e naturalizar o colectivo trans e as súas familias co fin de promover a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade.

“Sorrisos transformadores” é unha exposición fotográfica composta por dez imaxes de Noemí Chantada; retratos de persoas alegres, orgullosas, que mostran unha parcela da súa vida que lles gusta e van acompañadas, cada unha delas, dun texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre cada unha desas persoas e da súa contorna.

Deste xeito, a actividade constitúe un camiño para prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e tamén combater o acoso escolar por estes dous motivos.

VISITA GUIADA. O vindeiro mércores, 10 de abril, ás 11.30 horas no Mercado Municipal, e contará coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra e da alcaldesa de Tomiño
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies