Inicio Pontevedra Baixo Miño Un libro recolle a historia do Teatro Principal de Tui

Un libro recolle a historia do Teatro Principal de Tui

Un libro recolle a historia do Teatro Principal de Tui“O Teatro de Tui” recolle a historia do Teatro Principal dende a súa construción ata 1973 cando acolleu as últimas funcións

Hoxe presentouse na casa do concello de Tui o libro “O Teatro de Tui”  sobre o Teatro Principal de Tui, que foi editado polo Concello cunha tirada de 500 exemplares, e escrito por membros da extinta Fundación Teatro Principal. No acto estiveron presentes o  alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e o historiador, Suso Vila.

O obxectivo do libro, que comezou a redactarse hai preto de 20 anos, era que a Fundación tivese un mecanismo de divulgación sobre a historia do teatro, as súas actividades e a importancia que tivo na vida de Tui. O libro reflicte a través de imaxes e textos a carga histórica que tivo na vila, cun escenario que acolleu todo tipo de actividades, como cine, conferencias e espectáculos circenses ademáis por suposto, de obras teatrais.

O libro recolle a vida do teatro dende a súa construción, cando foi referencia para a burguesía do século XIX de Tui,  até as últimas funcións datadas no ano 1973.

As imaxes,  a maioría do fotógrafo tudense Juan Vila, tratan de rememorar as vivencias do teatro, pero tamén pretende “ser unha ferramenta para mirar o futuro” dicía o autor, Suso Vila, con referencia a futura rehabilitación do teatro.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, agradeceu á Fundación Teatro Principal o seu labor por recoller a historia do teatro e por “manter na axenda a necesidade de recuperalo”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies