spot_img
InicioPontevedra e ÁreaXXVII Festa da Bicicleta en Gondomar

XXVII Festa da Bicicleta en Gondomar

Día de la bici Val MiñorO concello de Gondomar en colaboración cos concellos de Nigrán e Baiona, celebrará o próximo 17 de Maio “A festa da Bicicleta 2015” na súa edición XXVII.

Esta festa consiste nunha ruta con saída dende a praza do concello de Gondomar ata Baiona; a saída terá lugar ás 10:45 horas, será necesario estar corenta e cinco minutos antes para tramitar a inscrición e recoller os números.

Os participantes terán que ser maiores de 7 anos, provistos de bicicleta e casco, capaces de levar o ritmo do pelotón, completando o itinerario devolta ao punto de partida en Gondomar.

Este ano invítase aos participantes a vir ataviados con vestimenta antiga

Esta ruta ciclista contará co despregamento do conxunto de servizos de deportes dos concellos de Gondomar, Nigrán e Baionae as súas correspondentes policías locais.

Este ano como novidade, invítase aos ciclistas, que participen con vestiario de épocas antigas, co fin de recordar as orixes da bicicleta, e darlle unha animación clásica a esta xa tradicional festa, iniciando desta forma a TWEED RIDE do Val Miñor, un orixinal recorrido, que xa se vén desenvolvendo por Europa e varios lugares de España e que permitirá retomar os inicios dos paseos en bicicleta.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.