spot_img
InicioVal MiñorNigránA xornada “Emprender, un mundo de oportunidades” reúne a 300 emprendedores procedentes...

A xornada “Emprender, un mundo de oportunidades” reúne a 300 emprendedores procedentes de diversos puntos de Galicia

xornada-“Emprender, un mundo de oportunidades”-reúne-300-emprendedores-procedentes-de-diversos-puntos-Galicia-Porto-Molle-Zona-Franca

Porto do Molle acolleu onte un evento único dirixido a empresas de nova creación e/ou emprendedores, moitos deles instalados no parque empresarial, que ten como obxectivo pór en común experiencias entre emprendedores á vez que conectar estas iniciativas, habitualmente de carácter innovador, con posibles investidores dos proxectos.

Spain StarUp organiza esta sesión previa á gran celebración do South Summit, que terá lugar o próximo mes de outubro na praza de touros das Vendas en Madrid, no que tamén participarán o seis startups que presentaron hoxe os seus proxectos.

A xornada “Emprender: un mundo de oportunidades” organizada por Spain Startup en colaboración co Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Fundación Incyde, á que foi convidado o alcalde de Nigrán Alberto Valverde, congregou no parque empresarial a uns 300 emprendedores que se desprazaron a esta localidade procedentes de diversos puntos de Galicia

Os responsables do tres institucións organizadoras: Javier Collado pola Fundación Incyde, Teresa Pedrosa polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e María Benjumea por Spain Startup presentaron hoxe en Porto do Molle a próxima edición de The South Summit que se celebrará en outubro en Madrid na praza das Vendas. Ao longo da mañá trescentos emprendedores valoraron a súa participación cos proxectos galegos na competición de startups máis importante do sur de Europa.

María Benjumea, fundadora e presidente de Spain Startup, compartiu cos asistentes o mundo de oportunidades que ofrece emprender, facendo fincapé en que non existe un único camiño para pór en marcha un soño. Destacou a importancia de aprender a afrontar os riscos, atopar os compañeiros de viaxe adecuados e estar aberto ás oportunidades que xorden no camiño. Nesta liña, Teresa Pedrosa dixo “nós, galegos, vigueses, emprendedores, somos moi bos desde as institucións só temos que limparlles de pedras o camiño para a creación de empresas”.

Javier Collado, director xeral de Incyde, valorou o papel que está a desenvolver a Zona Franca como unha das institucións que máis apostan pola procura do talento.

O parque empresarial Porto do Molle conta na actualidade con 70 empresas, ao redor dun 40% de veciños e veciñas de Nigrán, e máis de 600 traballadores, unhas cifras que contrastan coas rexistradas en 2011 (unha soa empresa en activo con 30 traballadores)

A continuación un panel de emprendimiento e innovación aberta deu a coñecer a postura tanto de empresas innovadoras, startups, investidores e a aceleradora ViaVigo. Francisco Piñeiro, socio e director de I+D en Marine Instruments, explicou que a innovación na súa empresa está na forma de comunicarse cos clientes, falar con eles e ver como resolver os seus problemas. Jorge Schnura, fundador de Tyba, contou a súa experiencia para crear este portal de emprego.

Joaquín Rebuelta, de Kibo Ventures, Pedro Nuñez Xerente de Vigo Activo, Lalo García e Daniel Fernández-Alvariño da rede RedInvest ofreceron a súa visión de que busca o capital investidor en novos proxectos.

Seis responsables de empresas que naceron na aceleradora ViaVigo tiveron a oportunidade de presentar os proxectos desenvolvidos e participar no taller que impartiu Joe Haslam sobre negocios a través do móbil.

Joe Haslam, profesor de Entrepreneurship and Innovation MBA en IE Business School e co-fundador de Hot Hotels explicou por que o móbil multiplica por dez as oportunidades de negocio e está a desbancar ás webs. “As empresas deben pensarse primeiro en móbil e en segundo lugar, en web” afirmou Haslam que fixo unha chiscadela á audiencia comentando que as mulleres galegas son as máis emprendedoras de toda España, segundo un estudo realizado o ano pasado por Spotcap.

- Publicidade -spot_img