spot_img
InicioO SalnésOs Concellos de Ribadumia, Meaño e Meis renovan o convenio do Centro...

Os Concellos de Ribadumia, Meaño e Meis renovan o convenio do Centro BTT do Salnés

Ribadumia-Meaño-Meis-renovan-convenio-Centro-BTT-SalnésA alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, reuniuse onte no Concello de Ribadumia co tenente alcalde de Meaño e o alcalde de Meis para proceder á firma da renovación do convenio establecido entre os concellos mencionados e a Axencia de Turismo de Galicia sobre a continuidade do Centro BTT do Salnés.

A reunión celebrouse onte no Concello de Ribadumia, onde se procedeu á firma da renovación

O Centro BTT O Salnés ofrece 10 rutas para todos os niveis aínda que se destacan os itinerarios esixentes ao redor do Monte Castrove que poñen a proba as forzas e destrezas dos ciclistas, polo que é ideal para expertos da BTT. Nas rutas máis accesibles destaca a do Circuíto do Monte da Escusa con saída e chegada no Campo de Golf e con fermosas vistas panorámicas sobre as rías de Arousa e Pontevedra.

Dado o éxito das rutas do Salnés e a afluencia que reciben os montes da comarca, os Concellos que a gardan

Ribadumia, Meaño e Meis- decidiron dar continuidade a este centro por constituír un produto de calidade para o turismo de Galicia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.