Inicio Val Miñor Gondomar Seguindo o lema “É unha sorte vivir á beira dun río”, dan...

Seguindo o lema “É unha sorte vivir á beira dun río”, dan comezo os obradoiros medioambientais nos centros de ensino de Primaria e Secundaria de Gondomar

Seguindo-lema-“É unha sorte vivir á beira dun río”- dan-comezo-obradoiros-medio-ambientais-centros-ensino-Primaria-Secundaria-GondomarA Concellaría de Medio Ambiente de Gondomar vén de deseñar unha serie de obradoiros dirixidos aos alumnos de Primaria, Secundaria e Bacharelato dos centros educativos de Gondomar. Estas actividades celebraranse ao longo dunha xornada de mañá en cada un dos centros e en diversos tramos das ribeiras do río Miñor. Están coordinados por un equipo de naturalistas e biólogos da empresa Estela, Loxística e Proxectos e divídense nas seguintes partes:

-Presentación do programa de educación para a sostibilidade no Concello de
Gondomar.

-Audiovisual sobre o sistema fluvial do Río Miñor en Gondomar. Xogos visuais e
auditivos protagonizados por diversos elementos da fauna e flora do río.

-Obradoiro cun mapa guía: obradoiro cun nivel de dificultade adaptado a cada unha
das idades dos alumnos/as.

Todas estas actividades virán acompañadas dunha visita guiada por algún dos tramos
do río Miñor cos alumnos dos diversos niveis de Primaria e Secundaria. O primeiro dos
obradoiros tivo lugar este luns 27 de abril, de mañá, no CEIP Serra-Vincios e o
percorrido realizouse polo río Zamáns, dada a súa proximidade. Ao longo destes
vindeiros días e semanas sumaranse a esta iniciativa os colexios públicos Chano
Piñeiro, Souto Donas e Neira Vilas, e os institutos Auga da Laxe e Terra de Turonio.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies