Inicio Pontevedra 18 bolseiros da Deputación de Pontevedra comezan a traballar o luns nas...

18 bolseiros da Deputación de Pontevedra comezan a traballar o luns nas cofradías da provincia

A Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá na xunta de goberno ratificar o convenio de colaboración coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da provincia.

A Deputación aprobou hoxe na xunta de goberno o convenio de colaboración cos 22 pósitos da provincia de Pontevedra por valor de 700.000euros

Tal e como se acordou na reunión celebrada no Pazo Provincial, o pasado 13 de abril entre o presidente Rafael Louzán, a conselleira de Pesca, Rosa Quintana, os representantes das 22 cofradías da provincia e a propia Federación Provincial de Cofradías, a Deputación destinará máis de 700.000 euros para apoiar a un sector estratéxico na comunidade tanto pola súa achega económica como polo número de traballadores que emprega.

No convenio inclúese a cesión de 18 bolseiros que durante un ano desenvolverán diferentes tarefas profesionais nos pósitos de A Guarda, Aldán, Cangas, Moaña, Bueu, Arcade, Redondela, Vigo, Baiona, Cambados, Carril, Illa de Arousa, Portonovo, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, O Grove, Lourizán e Marín.

500.000€ das axudas son para a comercialización, recuperación de bancos marisqueiros, investimentos propios dos pósitos e reparacións de locais

Este mozos “comezarán o luns, 4 de maio a súa primeira experiencia laboral en varias confrarías da provincia” tal e como destacou o presidente Rafael Louzán, realizando diversas tarefas acordes coa súa formación profesional.

Segundo se recolle no convenio aprobado, a contratación destes bolseiros é financiada pola Deputación de Pontevedra cunha partida económica de 200.000€

200.000€ destinaranse á contratación dos bolseiros para os pósitos de: A Guarda, Aldán, Cangas, Moaña, Bueu, Arcade, Redondela, Vigo, Baiona, Cambados, Carril, Illa de Arousa, Portonovo, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, , O Grove Lourizán e Marín

Son 18 titulados universitarios e de formación profesional que solicitaron participar no Plan de Práctica Laboral pero non acadaron unha bolsa na convocatoria aprobada o pasado mes de marzo, pero que agora se suman a aqueles 200 mozos e mozas do Plan de Práctica Laboral que poden ampliar a súa formación e dispoñer da primeira oportunidade profesional a través da Deputación de Pontevedra.

bolsas DeputaciónLiña de axudas para gastos
500.000 euros da cuantía total do convenio aprobado pola Deputación de Pontevedra destinaranse ao financiamento dos gastos derivados da actividade que realiza cada unha das confrarías: comercialización, investimentos propios dos pósitos, recuperación de bancos marisqueiros así como as reparacións de locais.
A vindeira semana, á espera de que a Federación de Confrarías de Pontevedra remita os datos relativos aos criterios de reparto, o organismo provincial aprobará as cuantías destinadas a cada pósito.
A Deputación adiantará o 50% do investimento de cada confradía e aportará o restante 50% unha vez se xustifiquen os traballos. Estes pagos realizaránse a principios do verán e a finais de setembro, respectivamente
O convenio enmárcase na liña de colaboración que dende hai anos o organismo mantén coa Federación de Confrarías de Pontevedra para o sustento dos gastos derivados do desenvolvemento de programas de fomento do sector. En 2014, a Deputación aportou 711.000 euros e cedeu 15 bolseiros a través deste convenio de colaboración.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
299SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies