Baiona celebrará os días 17, 18 e 19 de maio a XVI edición do Mercado de Arte de Sabarís
A que foi antiga praza de abastos de Sabaris, actualmente remodelada como sala de exposicións, encherase de Arte coa participación un ano máis de 40 artistas que expoñerán e venderán a súa obra.
A exposición con máis de 500 obras (a única en galicia dedicada exclusivamente a pintores, escultures e fotografos) é unha oportunidade única para coñecer novos talentos e artistas xa consagrados do panorama artístico de Galicia.
Unha cita obrigatoria para a amantes da arte. Este é un evento único, que escapa das tradicionais salas de exposición e que co Concurso de pintura rápida “Rizo Solveira” e o Urban Sketchers, encherán Baiona de artistas pintando por en vivo.
Información do evento.
• Lugar: Mercado de Sabarís. Praza Victoria Cadaval, Sabarís-Baiona
• Data e hora: Venres 17, sábado 18 e domingo 19 de maio das 11:00 ás 21:00 horas.
• Entrada: Entrada gratuíta
• Organizado por COEMSA, OVALMI e o Concello de Baiona, coa colaboración de ABANCA, Só Arte 40 artistas con máis de 500 obras Pintura, escultura e fotografía
Programación
Dia 17: III edición Concurso de pintura rápida “Rizo Solveira” De 10.30 a 18 h, entrega de premios o mesmo día ás 21 h Día 19: Urban Sketchers. De 11 a 14 h. Convocatoria para pintar ao natural en torno ao Mercado de Arte de Sabarís




