spot_img
InicioBaixo MiñoO vindeiro domingo 19 de maio terá lugar a XXI Romaría "Os...

O vindeiro domingo 19 de maio terá lugar a XXI Romaría “Os nosos fariñeiros. Burros e Muíños”

XIX edición da romaría Os Nosos Fariñeiros, Burros e MuíñosTralo aprazamento da Romaría, prevista para o 1º de maio, debido as condicións climatolóxicas, a Asociación Muiñeiros do Río Tripes ten todo disposto para poder celebrar o próximo domingo esta tradicional cita coa cultura muiñeira.

Revista Cousas de nº21

Un ano máis o entorno do Río Tripes, en Tui, volverá recibir centenares de persoas para gozar dunha xornada chea de actividades, artesanía, música e gastronomía.

Dende primeira hora da mañá, estará a Treboada Baixo Miño anunciando a festa nos barrios próximos de Randufe e Pazos de Reis. As 10:30 sairá o tradicional desfile cara o lugar da Ponte, onde os representantes do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo darán o pregón de inicio. A continuación, farase a inauguración dunha placa coa partitura da “Muiñeira do Tripes”, unha composición de Erick Feles inspirada na melodía de Alberto Romero “Romer”. O grupo folclórico da Asociación do Traxe Tradicional de Tui interpretará esta melodía e outras da nosa tradición cultural.

A partires dese momento, comenzarán a moer os muíños, haberá degustación gratuíta de papas de millo, obradoiros para os cativos, xogos populares, postos de artesanía e unha exposición dos muíños de man de “Romer”, quen explicará aos asistentes a evolución deste enxeños. A música ao vivo seguirá a sonar, disto encargaranse os grupos de gaitas de Xuntanza e Inquedanzas e as Pandeireteiras Darraia.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A Asociación terá á disposición dos asistentes unha ampla oferta de gastronomía tradicional a prezos populares, onde non faltarán as empanadas de pan de millo e de trigo, pero tamén haberá garavanzos, chourizo e xamón asado.

- Publicidade -spot_img