spot_img
InicioO SalnésCambadosA Praza Fefiñáns acollerá a terceira edición da Cambados Histórica

A Praza Fefiñáns acollerá a terceira edición da Cambados Histórica

a-praza-fefinans-acollera-a-terceira-edicion-da-cambados-historicaCambados Histórica celebrarase os días 24, 25 e 26 de maio de 2024 na Praza Fefiñáns. Esta festa celébrase para recrear o ambiente da vila nos séculos XVI e XVII, época na que Cambados era un importante centro comercial e cultural.

Revista Cousas de nº21

Cambados volverá a recrear o momento de auxe do mercado de Fefiñáns e a importancia que tivo para a vila e a comarca coa celebración da terceira edición de “Cambados Histórica”.
.
A Praza de Fefiñáns encherase durante a fin de semana do 24 ao 26 de maio de mercaderes e artesáns que reproducirán un dos mercados máis importantes do Salnés e da ría de Arousa durante os séculos XVI e XVII, xa na Idade Moderna.
a-praza-fefinans-acollera-a-terceira-edicion-da-cambados-historica
Postos de artesanía, música e espectáculos de circo e lume completarán o evento organizado pola Concellería de Festas, no que a ambientación estenderase ata o centro de Cambados e San Tomé.
.
O mercado inaugurarase o venres 24 de maio, ás 19 horas, con Suru o elefante guerreiro e o seu séquito de músicos. Logo, ás 19:30 ruxirán os tambores para dar paso a Demonium e os zancudos da noite, que chegarán ás 20 horas. Seguirá a festa con música folk, ás 21 horas, antes do espectáculo de lume O Feitizo. O mercado pechará ás 22:30.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Os visitantes tamén poderán gozar de espectáculos de música e danza medieval, así como de degustacións de produtos típicos da rexión. Ademais, os artesáns presentarán os seus
produtos, que van desde xoiería e téxtiles ata artesanía en madeira e coiro.
.
Todos os días, en horario do mercado, Recuncho Infantil con xogos e atraccións ecolóxicas.
Ademais, a partir do 15 de maio haberá traxes históricos para ser alugados por quen o desexe no local de Zona Centro situado na rúa Nova de Cambados.
- Publicidade -spot_img