spot_img
InicioVal MiñorBaionaXVI edición Mercado de Arte de Sabaris

XVI edición Mercado de Arte de Sabaris

xvi-edicion-mercado-de-arte-de-sabarisBaiona celebrará os días 17, 18 e 19 de maio a XVI edición do Mercado de Arte de Sabarís

Revista Cousas de nº21

A que foi antiga praza de abastos de Sabaris, actualmente remodelada como sala de exposicións, encherase de Arte coa participación un ano máis de 40 artistas que expoñerán e venderán a súa obra.

A exposición con máis de 500 obras (a única en galicia dedicada exclusivamente a pintores, escultures e fotografos) é unha oportunidade única para coñecer novos talentos e artistas xa consagrados do panorama artístico de Galicia.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Unha cita obrigatoria para a amantes da arte. Este é un evento único,  que escapa das tradicionais salas de exposición e que co Concurso de pintura rápida “Rizo Solveira” e o Urban Sketchers, encherán Baiona de artistas pintando por en vivo.

Información do evento.

• Lugar: Mercado de Sabarís. Praza Victoria Cadaval, Sabarís-Baiona

• Data e hora: Venres 17, sábado 18 e domingo 19 de maio das 11:00 ás 21:00 horas.

• Entrada: Entrada gratuíta

• Organizado por COEMSA, OVALMI e o Concello de Baiona, coa colaboración de ABANCA, Só Arte 40 artistas con máis de 500 obras Pintura, escultura e fotografía

Programación

Dia 17: III edición Concurso de pintura rápida “Rizo Solveira” De 10.30 a 18 h, entrega de premios o mesmo día ás 21 h Día 19: Urban Sketchers. De 11 a 14 h. Convocatoria para pintar ao natural en torno ao Mercado de Arte de Sabarís

“Tecendo Historias” por Lotte Van Ermengem. Ás 18 h Exposición téxtil, papel e pigmento. Experimentación que fusiona o papel con bordado e pigmentos naturais, para dar lugar a creacións inspiradas pola natureza de Galicia.
- Publicidade -spot_img