spot_img
InicioO SalnésXunta Local de Seguridad do Grove

Xunta Local de Seguridad do Grove

FotoJunta OGroveO subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, copresidiu, xunto co alcalde, Miguel Ángel Pérez García, a reunión da Xunta Local de Seguridade do Grove, á que tamén asistiron representantes municipais, da Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Local e Protección Civil.

Durante a reunión tratouse, entre outros asuntos, a coordinación das forzas de seguridade para dar cobertura á Festa do Marisco que terá lugar o próximo mes de outubro. Este dispositivo constitúe un labor de prevención ante as aglomeracións que xeran este tipo de eventos e supoñerá unha presenza importante de axentes.

Antonio Coello puxo de manifesto, ademais, o importante descenso de delitos e faltas que se produciu neste municipio nos sete primeiros meses do ano; así como un aumento significativo dos delitos esclarecidos neste período. O subdelegado do Goberno agradeceu a colaboración e a coordinación das Forzas de Seguridade do Estado coa Policía Local e Protección Civil.

Durante o encontro informouse tamén da satisfactoria evolución do Plan de Ocio 2014 e do Plan Director. O primeiro está centrado no control de establecementos que poden dispensar bebidas alcohólicas a menores e o segundo está orientado a charlas informativas que se están a impartir nos centros de educación para previr o consumo de alcohol e drogas entre os mozos, así como fomentar un bo uso das novas tecnoloxías e evitar o acoso escolar. Dentro deste último programa, impartíronse xa oito charlas en distintos centros do municipio e espérase manter unha dinámica similar no próximo curso escolar.

- Publicidade -spot_img