Inicio Pontevedra Máis de 400 inscritos no II Tríatlon Medio Ironman Desafío Islas Cíes...

Máis de 400 inscritos no II Tríatlon Medio Ironman Desafío Islas Cíes

A segunda edición do Tríatlon Medio Ironman Desafío Islas Cíes disputarase o vindeiro domingo rexistrando un novo éxito de participación ao contar con 410 corredores e a participación de 350 voluntarios para axudar á organización da proba.

desafío islas ciesO evento presentouse hoxe na sede de BMW Celta Motor, na estrada de Camposancos, nun acto que contou coa participación de José María de Rodrigo, xerente de Celta Motor, María Troncoso, Responsable de Relacións Externas de Coca Cola, Ricardo Martínez, organizador do evento, Alberto Valverde, alcalde de Nigrán, Liliana Silva, concelleira de Turismo, Cultura e Deporte de Nigrán, e Manel Fernández, concelleiro de Deporte de Vigo.

A proba disputarase o domingo pola mañá, e levará aos participantes a realizar 1,9 quilómetros a nado, 90 en bicicleta e 21 correndo entre os municipios de Vigo e Nigrán.

Este tríatlon, organizado pola Asociación Deportiva Augas Abertas de Galicia -tamén responsable do Desafío Islas Cíes a nado- é o único Medio Ironman que se celebra en Galicia. Os participantes, apoiados por máis de 350 voluntarios e coa colaboración Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Vigo e de Nigrán, realizarán as distancias habituais dunha competición destas características: 1,9 quilómetros nadando, 90 en bicicleta e 21 correndo.

Tríatlon Medio Ironman Desafío Islas Cíes, o único que se disputa en Galicia, consolida o seu obxectivo de chegar a ser unha proba de renome internacional coas primeiras inscricións internacionais.

A organización sinala o enclave xeográfico e paisaxístico, así como as características da súa orografía, como claves á hora de desafío islas ciesdefinir a localización desta proba deportiva. Neste sentido, o rexedor municipal subliñou a beleza natural e paisaxística da zona, “especialmente do percorrido en bicicleta, sen ningunha dúbida un aliciente máis para participar neste evento deportivo único en Galicia, que se consolidou xa no ámbito nacional e segue traballando en converterse un referente deportivo a nivel internacional”.

Na primeira etapa, a de natación, os participantes deberán percorrer 1,9 km. na contorna da praia do Vao. Ao finalizar, quitaranse o neopreno e recollerán as bicicletas fronte ás ruínas da Illa de Toralla, desde onde percorrerán 90 km. en bicicleta nun circuíto pechado pola PO-325 entre o Vao e A Ramallosa, cun punto de avituallamiento no quilómetro 11, de 4 voltas. O último tramo da proba será unha carreira a pé de 21 km, trazando un percorrido tamén pechado na contorna do Vao e Samil con dous puntos de avituallamiento -quilómetro 1 e quilómetro 2,5-.

Corte da PO-325
Con motivo da celebración desta competición, o Concello de Nigrán informa que entre as 8.30 e as 14.00 horas a estrada PO-325 permanecerá cortada ao tráfico. Para non dificultar o desprazamento entre a zona de praias e o resto do municipio, a Policía Local habilitará tres puntos de cruzamento, un na rotonda da Rúa Rans, na da Avda. Castelao e no cruzamento de Patos.

Neste sentido, a Policía Local informa que os veciños de Montelourido e zonas contiguas poderán circular entre a devandita península e a Rúa Rans en sentido contrario ao habitual, co fin de reducir calquera posible prexuízo á hora de desprazarse no horario da proba.

desafío islas cies

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies