Inicio Galicia Compostela Cultura no Camiño 2014

Cultura no Camiño 2014

Con motivo da celebración da celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, a Xunta de Galicia ofrece, a partir do 15 de abril e ata finais de setembro, un total de 323 actuacións escénicas e musicais a cargo de 134 formacións artísticas galegas en 81 concellos.

Cultura no Camiño‘ retoma e reforza deste xeito unha actividade —que tivo a súa primeira entrega xa en outubro de 2013— e que encherá de espectáculos para todos os públicos as localidades participantes, radicadas nas distintas rutas xacobeas.

Concertos de diversos estilos, así como funcións de teatro, danza, música, maxia e novo circo compoñen un intenso calendario cultural e de lecer, coordinado por Turismo de Galicia e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) como parte do programa da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.

15/04/201430/09/2014
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies