spot_img
InicioVal MiñorNigránXornada histórica en Baiona coa chegada do Buque Escola Juan Sebastián de...

Xornada histórica en Baiona coa chegada do Buque Escola Juan Sebastián de Elcano

Xornada histórica en Baiona coa chegada do Buque Escola Juan Sebastián de ElcanoTras chegar a primeira hora deste lúns procedente da Coruña e antes de partir de novo para finalizar o seu XCIV Cruceiro de Instrucción en Marín, o Buque Escola Juan Sebastián de Elcano, fondeó na baía de Baiona, moi preto das Illas Estelas.

Revista COUSAS DE nº14

A conmemoración do 530 Aniversario do Descubrimento de América e o V Centenario da Primeira Circunnavegación á Terra foron os episodios revividos este luns na Real Villa de Baiona, nunha xornada especial marcada pola presenza do Buque Escola da Armada Española Juan Sebastián de Elcano, que fondeou durante 8 horas na enseada, ofrecendo unha imaxe extraordinaria de beleza singular, a quen desde as súas marxes achegáronse a contemplalo ou ben puideron acompañalo na súa saída, coa Parada Naval organizada para ese efecto.

Tras a montaxe da Escala Real, o Comandante do Juan Sebastián de Elcano, Manuel García Ruiz, recibiu a bordo a unha destacada representación institucional, encabezada polo alcalde de Baiona, Carlos Gómez, acompañado pola delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias; os deputados provinciais Carlos Font e Gorka Gómez, así como o presidente do Monte Real Club de Yates de Bayona, José Luís Álvarez, coorganizador de maneira conxunta co Concello da homenaxe, así como o Comandante Naval de Vigo, Antonio Couce.

Xornada histórica en Baiona coa chegada do Buque Escola Juan Sebastián de Elcano

 

Tras unhas breves palabras de benvida, García Ruiz fixo de excepcional guía das autoridades nun percorrido polo lendario buque.

Xornada histórica en Baiona coa chegada do Buque Escola Juan Sebastián de ElcanoConcluída a recepción, desembarcaron polo pantalán da Carabela Pinta, con 25 guardiamarinas que se dirixiron cara aos Xardíns da Casa da Navegación, onde se celebrou o acto principal da Homenaxe á Armada Española, e onde xa lles agardaban membros da Corporación Municipal, así como o máximo representante da Armada Española en Galicia, o Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol – ALARFER – Ignacio Froitos, representantes de asociacións baionesas e unha ampla representación das entidades e institucións que velan e protexen a seguridade e salvagarda da mar.

https://www.cousasde.com/revista-cousas-de-no14/

 

O acto comenzo cun intercambio de metopas. O rexedor fixo entrega dunha metopa moi especial ao Comandante Comandante do Buque Escola Juan Sebastián Elcano, D. Manuel García Ruiz. Tratouse dunha escultura da Carabela Pinta realizada pola artista de Baiona Irene Silva Xiráldez. Pola súa banda o comandante fixo entrega dunha metopa coa silueta Juan Sebastián Elcano. con la que la Armada Española celebra el V Centenario, una figura que quedará expuesta de manera permanente en el museo baionés.

Interviñeron no acto, o Presidente do Montereal Club de Yates de Baiona, José Luis Álvarez, o deputado provincial, D. Carlos López Font, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, D. ª Marta Fernández Tapias, Almirante Arsenal de Ferrol (ALAFER), D. Ignacio Froitos. Pechou a quenda de intervencións, alcalde de Baiona, D. Carlos Gómez, cun emotivo discurso no que destacou ”En tempos nos que algúns se empeñan en relativizar os valores sobre os que forxamos a nosa historia recente, estamos obrigados a defender a integridade das nosas institucións. Debemos poñer en valor as excepcionais accións, méritos e relevantes servizos prestados a favor dos intereses xerais da sociedade por parte dun buque que emprendeu o seu primeiro cruceiro de instrución en 1928”.

Xornada histórica en Baiona coa chegada do Buque Escola Juan Sebastián de Elcano

Gómez finalizou expoñendo que “500 anos desde Baiona con este humilde acto buscamos honrar á Armada e aos seus mariños conmemorando esta xesta naval e poñendo en valor a contribución española á navegación e á exploración, así como a achega da Armada á historia e configuración de España e do mundo. Aos baioneses e baionesas únenos coa Armada Española valores profundos, somos xentes da mar con valores inmutables e ternos: TRABALLO, VALOR, DESTREZA E HOSPITALIDADE”.

Xornada histórica en Baiona coa chegada do Buque Escola Juan Sebastián de Elcano

- Publicidade -spot_img