spot_img
InicioVal MiñorNigránVive Nigrán reúne en tres días de concertos a Iván Ferreiro, Rigoberta...

Vive Nigrán reúne en tres días de concertos a Iván Ferreiro, Rigoberta Bandini, La Bien Querida e Miguel Ríos

Vive Nigrán reúne en tres días de concertos a Iván Ferreiro, Rigoberta Bandini, La Bien Querida e Miguel RíosVive Nigrán Picnic Pop Festival celebrará esta fin de semana no campo de fútbol de Monte Lourido, a carón de praia América, tres días de concertos e actividades complementarias cun cartel que encabezan Rigoberta Bandini, La Bien Querida e o cantante galego Iván Ferreiro.

Revista COUSAS DE nº14

A sexta edición presentouse este martes en Nigrán, fronte á escultura de Balmi, realizada con residuos mariños e doada en 2021 polo festival ao Concello de Nigrán, coa presenza de Juan Rivas, director do festival, Hugo Pérez, Brand Manager de Mahou San Miguel en Galicia, José Luis Fernández Astray, director de comunicación Gadis, Marián Lago Torrado, xefa servizo de Aqualia Nigrán, Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC, Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Carlos López Font, deputado provincial da Deputación de Pontevedra, e Juan González Pérez, alcalde de Nigrán.

O festival ofrece nesta edición unha terceira xornada extra o domingo que protagonizará Miguel Ríos xunto á banda The Black Betty Trio. 

O programa de Vive Nigrán para esta fin de semana inclúe varios nomes destacados do noso panorama musical. Así o vigués Iván Ferreiro, antigo líder de Los Piratas, será a voz de referencia do venres, unha xornada na que tamén pasarán polo escenario do campo de Monte Lourido os andaluces Colectivo da Silva, a formación xurdida en Madrid Karavana, Grande Amore, alter ego musical do lugués Nuno Pico, e Cool Nenas, colectivo que inclúe a santiaguesa mariagrep, a viguesa Daniela Díaz Costas — máis coñecida simplemente como dani — e a canaria Kimberley Tell.

O cartel do sábado, que encabezan La Bien Querida e Rigoberta Bandini, complétase co grupo alacantino Niña Polaca, a música das madrileñas do grupo Cariño e a sesión de EME DJ, nome artístico da monfortina Marta Fierro Mantecón.

Vive Nigrán ampliará a edición deste 2022 ao sumar un terceiro día á súa programación, que estará dedicado a Miguel Ríos. O histórico músico, un dos grandes referentes do rock español, ofrecerá un concerto na compaña de The Black Betty Trío. Este recital a maiores enmárcase no chamado Vive Nigrán [+], iniciativa do festival que procura achegarse aos intereses dun público máis veterano e atraelo este ano ao campo de Monte Lourido.

Ademais dos concertos, o evento integra dentro da súa oferta de ocio para todas as idades actividades como rutas de kayak e clases de iniciación ao surf nas praias América e de Patos, ou andainas guiadas, como a que xa se desenvolveu a semana pasada a Monteferro.

- Publicidade -spot_img