Varios equipos de categoría Baby de baloncesto inscritos na liga Basketgal, organización que traballa coa Secretaría Xeral para o Deporte a través de Xogade , déronse onte no pavillón de Panxón nas II Xornadas Babybasket organizadas coa colaboración do Club Baloncesto Nigrán.
O obxectivo destas xornadas é brindar a estes nenos e nenas de entre 5 e 8 anos que se están iniciando neste deporte e que aínda non teñen opción de participar en ningunha competición a oportunidade de compartir xunto a outros clubs unha día lúdico co baloncesto como nexo de unión. Ditas xornadas organízanse cada quince días alternando as sedes dos clubs que teñen esta categoría inscrita en Basketgal.
Tratouse dunha xornada deportiva e festiva na que os nenos xunto aos seus pais e adestradores gozaron dunha xornada en familia en torneo ao deporte que lles une, o baloncesto.
Os técnicos do CB Nigrán programaron diferentes circuítos que foron alternando con pequenos partidos entre os diferentes clubs participantes.
Ao finalizar os responsables do CB Nigrán fixeron entrega a todos os nenos e nenas presentes dun pequeno agasallo e clausuraron a xornada realizando unha foto conxunta.




