spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán acolle unha mesa redonda na que se falará sobre o drama...

Nigrán acolle unha mesa redonda na que se falará sobre o drama dos refuxiados

Mesa Redonda Europa Refuxiados IGADI Concello de Nigrán (Copiar)

Organizada conxuntamente co Igadi, terá lugar o xoves ás 19:30 horas no Auditorio Municipal e intervirá a politóloga siria Nour al Hussen, o fotógrafo freelance Felipe Carnotto e o analista Roberto Mansilla

O Concello de Nigrán desexa amosar a súa solidariedade co drama dos refuxiados acollendo unha mesa redonda ao respecto este xoves ás 19.30 horas no Auditorio Municipal. Titulada “O muro de Europa contras as persoas refuxiadas”, está organizada xunto co Igadi (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) coincidindo precisamente coa semana de celebración do Día da Unión Europea (9 de maio). O encontro permitirá reflexionar sobre as consecuencias humanitarias do recente acordo entre a Unión Europea e Turquía, a penuria das persoas que foxen dos conflitos próximos ás costas mediterráneas e as implicacións xeopolíticas da guerra de Siria na configuración dun novo Oriente Medio.

“Dende o Concello queremos amosar a nosa solidariedade con tódolos refuxiados que chegan a Europa fuxindo da guerra e, ao mesmo tempo, rexeitar o acordo con Turquía que permite a súa expulsión. É a nosa obriga moral apostar por unha Europa da integración e da solidariedade”, expresa Juan González, alcalde de Nigrán.

Moderada pola xornalista de Nigrán Silvia Camesella, esta mesa redonda contará coa participación de Nour al Hussen Villa, politóloga de orixe sirio e galego, activista intercultural e autora do blog “A la Otra Orilla del Éufrates”, onde narra as súas experiencias persoais na Siria baixo o réxime de al Asad e as vicisitudes existentes dentro do actual conflito no país árabe; Felipe Carnotto, fotógrafo freelance e coautor do documental “Exodus. A ruta dos refuxiados” realizado en Grecia, Macedonia e Serbia; e Roberto Mansilla Blanco, analista e investigador do IGADI.

- Publicidade -spot_img