spot_img
InicioBaixo MiñoA XIV Festa do Peixe Espada que organiza ORPAGU continua no porto...

A XIV Festa do Peixe Espada que organiza ORPAGU continua no porto da Guarda

A Festa do Peixe Espada que organiza a Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU) continua hoxe domingo (último día) no porto da Guarda.

Para hoxe domingo, están previstas as actuacións musicais do Grupo de baile e gaitas e de Lusco o Fusco que comezarán ás 15.00 horas.

A música tradicional galega volverá a partir das 19,00h coa actuación do grupo de gaitas A Boalleira. O mercado artesanal continúa durante todo o día xunto a outras actividades dirixidas aos máis pequenos, como inchables, pintacaras e talleres entre as 15.00 e as 21.00 horas. Engádense as actividades acuáticas organizadas polo Club Alagua, que ofertará clases de vela para nenos.

A XIV Festa do Peixe Espada arrincou o pasado venres, con música da man da charanga ‘Cantos Somos’. Xa ás 20:00h., chegou un dos momentos máis esperados: o pregón da festa que este ano correu a cargo das integrantes do club de balonmán Mecalia Atlético Guardés, que xunto ao seu presidente, presentáronnos o novo equipamento co nome do seu novo patrocinador: ORPAGU.

continua-no-porto-da-guarda-xiv-festa-do-peixe-espada-orpaguDespois presentouse o II Campionato Galego Inclusivo de Náutico Adaptado da man do Club Deportivo Sen Amarras.

continua-no-porto-da-guarda-xiv-festa-do-peixe-espada-orpagu

Tras a lectura do pregón, María Calvar, a gañadora do concurso de relatos de 12 anos, recolleu o seu premio

Despois da lectura do pregón, Juana Parada, xerente da Organización de Palangreiros Guardeses, fixo entrega dos  premios. O primeiro foi para o concurso de relatos ‘Homes e Mulleres do Mar’ gañado pola mosense de 12 anos María Calvar co texto ‘Amores mariñeiros’. O xurado, formado polos escritores Ledicia Costas, Iria Misa e Diego Giráldez, tivo que decidir sobre traballos chegados de toda Galicia.

continua-no-porto-da-guarda-xiv-festa-do-peixe-espada-orpagu

Tamén se entregou o premio a Mikaela Rodríguez Martínez, a gañadora do concurso de carteis no que participaron nenos dos centros escolares da zona.continua-no-porto-da-guarda-xiv-festa-do-peixe-espada-orpagu

 

A organización quixo recoñecer tamén a colaboración do Concello. Na foto o alcalde Antonio Lomba e a concelleira Montserrat Magallanes.

 

 

- Publicidade -spot_img