Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar pon en marcha unha aplicación que recolle máis de 70 rexistros...

Gondomar pon en marcha unha aplicación que recolle máis de 70 rexistros turísticos do concello

Esta aplicación da a posibilidade de que calquera desde o seu móbil, tablet ou ordenador, poida acceder a un grande banco de datos de puntos de interese turístico do concello de Gondomar.

A aplicación  recolle máis de 70 rexistros turísticos, estruturados en seis grandes eixos: Arquitectura Civil, Arquitectura Relixiosa, Espazos Naturais, Arqueoloxía, Roteiros , e Festas e tradicións.

A prolífica catalogación, unha das máis completas de Galicia, recolle: Pazos, petróglifos,  igrexas románicas, pontes románicas, Serra do Galiñeiro, castros, vistas panorámicas, curros, Corpus, festas gastronómicas, …  Todos eles son  enumerados, localizados e documentados.

Segundo explican desde o Concello, un dos principais activos desta ferramenta é a xeolocalización de todos os puntos de interese turístico, de tal xeito que o usuario poderá coñecer instantaneamente a distancia, o tempo, e a ruta de cada recorrido (a pé, en bicicleta ou en coche) a cada un dos elementos recollidos no catálogo. Pudendo usarse, tamén, o móbil como gps que nos leve ata o punto turístico elixido.

No exhaustivo documentado traballo de recolección no colaboraron activamente tanto Patricia Costas Collazo, Técnica de Turismo, facilitada póla Deputación de Pontevedra.  Como o alumno Daniel Rodríguez Estévez,, alumno do IES Terra de Turonio, grazas ao convenio asinado co Ciclo Actividades Físico Deportivas no Medio Natural.

O obxetivo da Concellería de Turismo é incluir en canto se poida, as 35 rutas de sendeirismo que xá teñen estudiadas e deseñadas.

Para axudar aos potenciais visitantes esta aplicación tamén identifica puntos do comercio e hostalería local que responden a tres preguntas: Onde comer? Onde durmir? Onde mercar?

Por último non faltan os teléfonos de interese máis socorridos.

A Aplicación está escrita en Galego e Castelán. Na Concellería de Turismo, agardan tela pronto tamén en Portugués e Inglés, na medida que dispoñan de recursos.

Esta aplicación estará operativa no mes de agosto e o Concello convida e anima aos veciños de Gondomar a que a baixen, que se sintan orgullosos do seu gran patrimonio, algún de autentica excelencia turística.e  sobre todo a que se convertan en Oficinas de Turismo Virtuais, para espallar aos nosos emigrantes, expatriados, visitantes  e ao mundo, todo o que nos podemos aportar. Sería un fermoso soño ter 14233 Oficinas de Turismo en Gondomar, unha por cada habitante.

Para o que gusten a información clásica poden ir , a partir do 1 de agosto á oficina de TURISMO GONDOMAR de Luns a Venres 10:00h-13:30h no CDL Gondomar Escolas Vellas Avda. Conde de Gondomar. Polas tardes de 16:00h – 18:30h Oficina de Turismo do Parque da Feira s/n  tamén os Sábados  na Oficina de Turismo 10:00h-13:30h Parque da Feira s/n.

Para descargar a aplicación hai que entrar no enderezo, turismo.concellodegondomar.gal

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies