spot_img
InicioVal MiñorNigránGran asistencia de público no Esteiro da Foz na primeira xornada do...

Gran asistencia de público no Esteiro da Foz na primeira xornada do NigránJazz

gran-asistencia-publico-no-esteiro-da-foz-na-primeira-xornada-do-nigranjazzPese á poalla,  o Esteiro da Foz encheuse para ver aos cuartetos de Michael Kanan e Gonçalo Leonardo. Hoxe é o turno do aclamado pianista Kevin Hays, gran estrela  desta edición, e dos galegos Virxilio da Silva e Abe Rábade

Máis de mil persoas (segundo os organizadores), acudiron onte á primeira xornada da undécima  edición do Nigranjazz no esteiro de A Foz (A Ramallosa) para desfrutar do  cuarteto liderado polo pianista estadounidense Michael Kannan e o vibrafonista español Jorge Rossy, que foron precedidos do tamén cuarteto encabezado polo contrabaixista portugués  Gonçalo Leonardo. Pese á poalla, o público permaneceu fiel durante os dous concertos e moitos se animaron a seguir na jam-session posterior que abriu Carlos Gil Trío e que se prolongou ata altas horas. Ademáis, miles de persoas desfrutaron da comida gourmet na feira gastronómica itinerante ‘Rilla na Rúa’, que permanece ata o domingo en todo o paseo de A Foz.

O festival continúa hoxe coa actuación estelar do pianista americano Kevin Hays no seu único concerto en Europa co seu trío. Previamente, dende ás 21.00 horas,   o público do Nigranjazz terá a oportunidade única de desfrutar do dúo formado para a ocasión polo pianista Abe Rábade e o guitarrista Virxilio da Silva, os dous músicos galegos máis relevantes no panorama nacional, que homenaxearán xuntos a histórica colaboración entre o pianista Bill Evans e o guitarrist Jim Hall. Finalmente.

‘Rilla na rúa’ porá tamén o seu punto de animación ao Nigranjazz ofrecendo a actuación de ‘The Alley Stompers’ ás 19:30 horas no Auditorio de A Foz. Trátase dunha formación  ao máis puro estilo das Brass Bands americanas que tocará en directo para bailaríns de swing. A formación representa unha viaxe atrás no tempo, recreando a atmósfera de New Orleans dos anos 20 ou 30, unha época en que o jazz se afirmou como música popular. O francés Wilfried Wilde ao banjo, Óscar Prieto á tuba e Chus Pazos á batería, forman unha sección rítmica de luxo, que acompaña ao saxofonista siciliano Rosolino Marinello e ao crooner e saxofonista Toño Otero que, coa súa voz tenor aterciopelada, transmite un auténtico son de época.

Ademáis, ata o domingo ‘Rilla na Rúa’ traerá concertos, obradoiros, espectáculos… Calquera que se achegue estes días ao Paseo da Ramallosa poderá gozar de distintas propostas gastronómicas, música swing, djs e actividades familiares, como o cabaret infantil de Nelson Quinteiro. Nesta segunda edición participan 4 novas caravanas con propostas diferentes co obxectivo de dar un mellor servizo e variedade ao gran público  que se prevé, así, se incorporarán ‘Km Fuego’, comida desenfadada con toques orientais; ‘LaconLover’, propostas gastronómicas co porco (especialmente o lacón) como protagonista; ‘Misco-midas’, cociña de autor con fusión canaria; ‘Bendita Atabaka’, cocina vasca canalla e, finalmente, na zona do festival Nigranjazz estará ‘Crepe Cabaret’ con crepes doces e salgados.

PROGRAMA DO NIGRANJAZZ

 

Sábado 29 de Xullo

 Paseo da Foz do Miñor:

 19:30: Swing Session con The Alley Stompers

 Auditorio da Foz do Miñor:

 21:00: Abe Rábade & Virxilio da Silva: “Bill Evans & Jim Hall”

22:30: Kevin Hays New Day Trío

24:00: Jam Sesion

 

 

 

 

- Publicidade -spot_img