·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaVigoXavier Bermúdez recolle o premio honorífico do Festival de Cine Inclusivo de...

Xavier Bermúdez recolle o premio honorífico do Festival de Cine Inclusivo de mans da actriz Marta Larralde

Xavier Bermúdez recolle o premio honorífico do Festival de Cine Inclusivo de mans da actriz Marta LarraldeO festival continúa mañá mércores co Short In-Doc e as proxeccións de ‘Devolvendo o golpe’ e ‘El niño de fuego’

Esta tarde tivo lugar a inauguración do VI Festival de Cine Inclusivo de Vigo cunha retrospectiva do director Xavier Bermúdez. O evento comezou coa proxección de ‘León y Olvido’ (2004) e continuou coa inauguración institucional na que participaron Gonzalo Suárez, director do festival; Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta de Galicia en Vigo; Ana Laura Iglesias, deputada de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra e Abel Losada, Concelleiro de Cultura de Vigo. A continuación tivo lugar a parte máis emotiva do evento que foi a entrega do premio honorífico desta edición ao director galego Xavier Bermúdez, por ter sido o primeiro director español en rodar unha película cun actor protagonista con síndrome de down. A encargada de entregarlle o premio a Bermúdez foi a actriz protagonista dos filmes ‘León y Olvido’ e ‘Olvido y León’, Marta Larralde. Director e actriz no seu discurso recordaron ao actor Guillem Jiménez, falecido recentemente. Como peche do festival proxectouse ‘Olvido e León’ (2020).

O festival continúa a súa programación mañá mércores no Auditorio do Concello coa sección Short In-Doc de curtametraxes documentais pola inclusión ás 17.00 horas. Esta sesión na que se proxectarán sete traballos audiovisuais será accesible para persoas con ceguera ou xordera. A continuación proxectaranse dúas longas documentais da sección a concurso Vig In-Doc ás 19.00 horas ‘Devolvendo o golpe’ e ás 20.30 h. ‘El niño de fuego’. Todas as proxeccións son de acceso libre ate completar aforo.

PROGRAMACIÓN MÉRCORES 13:

SHORT- IN DOC. Curtametraxes documentais pola inclusión. Subtitulados e audiodescritos (103 min.) – Mércores 13 ás 17:00 no Auditorio Municipal.
– ‘Mujeres prepago’ (2020) de Isabel Sáez Pérez. 15 min

Isabel traballa como fotógrafa erótica. Os seus principais clientes son traballadoras sexuais. Aos poucos, Isabel decide entrevistar ás mozas que acceden a contar a súa historia. Nerea e Luz, de Pamplona, convértense nas protagonistas desta historia cando acepta ser entrevistadas. Esta conversación trasladaranos a mazmorras de sadomasoquismo, a crianza dun bebé e o naufraxio por varios cursos do INEM.

– ‘Golden Boy’ (2021) de Abel Gil. 7 min
Alberto Loureiro (alias Golden boy), é un loitador de full contac en varias modalidades (boxeo, kickboxing, savate, etc…) que aos seus 22 anos xa leva ás costas, dous títulos mundiais, catro campionatos de España e distintos premios internacionais. Desde os seus modestos comezos, iniciándose no boxeo, para baixar de peso con 15 anos, logrou superarse unha e outra vez co apoio do seu adestrador Simón González, o anterior campión do mundo de Kick boxing durante trece anos antes de quedar parapléxico nun accidente.

– ‘ Rosebud’ (2020) de Álvaro López Alba. 10 min
A principios dos noventa, unha familia pasa os veráns nun lugar idílico; un lugar de xogos, bailes e inocencia. Rosebud é o último espazo no que refuxiarse dunha realidade moi distinta.

-‘ 57 días’ (2020) de Mario Lumbreras e Laura Brasero. 14 min
Julio Lumbreras foi un dos primeiros pacientes en entrar nunha UCI en España por Covid-19. A través das mensaxes de móbil que se mandaban os seus familiares, seguimos os seus 57 días de loita contra o coronavirus.

– ‘ Traslasierra’ (2020) de Raquel Kurpershoek. 17 min
Documental tinguido de forma autobiográfica sobre a relación das persoas xordas con música. A primeira vista, a música e o mundo dos xordos parecen ser dous mundos totalmente diferentes. Pero Traslasierra lanza unha luz realmente inesperada sobre este asunto. A música é universal. As emocións humanas son universais. A música e as emocións xuntas crean milagres. Estes grandes temas universais preséntanse nun documental íntimo e moi persoal situado nun pobo remoto do sur de España.

– ‘Mi pequeño samurai’ (2020) de Arantza Ibarra. 21 min
Recolle as vivencias dos dous últimos anos tras a morte por suicidio do mozo trans Ekai Lersundi, co obxectivo de reivindicar a súa figura e a loita de moitas outras persoas trans en Euskal Herria. A curtametraxe inclúe testemuños de Elaxar Lersundi e Ana Martínez, así como de representantes da asociación Naizen (asociación de familias de menores transexuais) e de varios veciños e veciñas de Ondarroa.

– ‘Fuera de la ley’ (2021) de *Álex Cuellar e Rafael Giner Sánchez. 19 min
Mario Sánchez é un atracador de bancos que pasou máis de 30 anos en varias prisións de Europa. Agora está na rúa, pero sente perdido nun mundo que cambiou moi rápido. Poderá reinserirse nunha sociedade que hai tempo esqueceuse del?

VIG- IN DOC. Documentais internacionais pola inclusión
– ‘Devolvendo o golpe’ (2021) de Carlos Prado Pampín. Galicia. 68 min. Mércores 13 ás 19:00 no Auditorio Municipal.
Cando Aarón tiña dez anos, un coche atropelouno mentres esperaba o autobús escolar. Estivo a piques de morrer e, o parte médico máis optimista, pasaba pola amputación de ambas as pernas. Pero con axuda da súa nai, Rosa, unha muller forte e que nunca se rende, Aarón tentará non só saír adiante e volver camiñar, sinó cumprir ou o seu soño de ser campión de España de boxeo.

– ‘El niño de fuego’ (2020) de Ignacio Acconcia. España. 85 min. Mércores 13 ás 20:30 no Auditorio Municipal.
Aleixo Paz, coñecido como “El niño de fuego”, é o sobrevivente dun tráxico accidente que esnaquizou a súa vida e a da súa familia. A piques de cumprir 18 anos, sen traballo nin estudos, vive encerrado na escuridade da súa habitación. Consumido pola dor e a rabia, a súa única esperanza é escribir cancións para un público imaxinario. Grazas á inspiración dun amigo e o apoio incondicional da súa nai, reunirá a forza para subirse a un escenario e deixar atrás o medo para vivir. Que hai despois de vencer á morte cando non esperas nada da vida?

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies