Inicio Vigo e área Redondela Xa pode visitarse no Multiusos do Piñeiral en Chapela, a exposición 'Sorrisos...

Xa pode visitarse no Multiusos do Piñeiral en Chapela, a exposición ‘Sorrisos Transformadores’

Multiusos do Piñeiral en Chapela, a exposición 'Sorrisos Transformadores'Cristina Palacios, presidenta de ARELAS, ofreceu  unha charla-coloquio sobre as persoas trans* acompañada de Victoria Alonso (deputada de Cultura) e Digna Rivas (alcaldesa de Redondela)

A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS) inaugurou este mércores 29 de xaneiro ás 11:30 horas a exposición “Sorrisos Transformadores” en Chapela, Redondela.  A Alcaldesa estivo acompañada durante a charla pola Deputada de Cultura, Victoria Alonso, a concelleira de Ensino , Olga García e o concelleiro de Cultura Daniel Boullosa .

A mostra, que forma parte dun proxecto audiovisual para a visibilización do colectivo LGTBI, pode visitarse no Multiúsos do Piñeiral de Chapela. Ata alí desprazaronse un grupo de 180 nenos e nenas, alumnos de quinto e sexto do Ceip Laredo, Ceip Alexandre Boveda, alumnos de quinto do Ceip Igrexa e os alumnos de primeiro da Eso do Ies Chapela. A exposición pode visitarse ata o 10 de febreiro, de luns a venres entre as 16:00 e as 21:00 horas, e polas mañans concertando cita previa, unha vez finalizada trasladarase ao concello de Salvaterra de Miño.

“Sorrisos Transformadores” é unha mostra itinerante que está a percorrer a provincia e tamén algún outro emprazamento fóra de Pontevedra, coma Betanzos ou Santiago. A exposición consta de 10 fotografías de Noemí Chantada nas que aparecen retratadas persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta. Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou idea sobre a protagonista ou a súa contorna. Entre as retratadas inclúense persoas de relevancia social, sexan ou non trans*, pero relacionadas coa súa realidade pola súa profesión (educación, dereito, política, psicoloxía) e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe.

A alcaldesa agradeceu a presenza de Cristina Palacios e da Deputada Victoria Alonso e por suposto da Deputación por esta iniciativa tan necesaria e sinalou que a finalidade da exposición e da charla é prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero, ademais, de tratar de combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero. En definitiva visibilizar, sensibilizar e naturalizar ao colectivo Trans* como así xa o estamos a facer dente o Concello de Redondela

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies