spot_img
InicioVal MiñorNigránCentos de escolares de Nigrán participan na XI Carreira Solidaria organizada polo...

Centos de escolares de Nigrán participan na XI Carreira Solidaria organizada polo colexio ‘Arquitecto Palacios’ no Día da Paz

Centos de escolares de Nigrán participan na XI Carreira Solidaria organizada polo colexio 'Arquitecto Palacios' no Día da PazCentos de alumnos de cinco centros educativos de Nigrán participaron hoxe na ‘XI Carreira Solidaria’ organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón con motivo do Día da Paz e co fin de recadar fondos para colaborar co departamento de Servizos  Sociais do  Concello de Nigrán.

Na proba, á que asistiu o alcalde acompañado de varios edís, participaron ademais de alumnos do CPI, o Centro de Educación Especial de  Panxón, a Esola Infantil ‘As Dunas’, o CEE Juan María de Parada e o CEIP  A Cruz de  Camos, todos correron tras achegar os seus patrocinadores adultos unha axuda para a causa.

“Estamos moi orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas ao docentes pola organización e aos nenos e os seus padriños pola súa participación imprescindible”, destaca o alcalde, Juan González.

 

Centos de escolares de Nigrán participan na XI Carreira Solidaria organizada polo colexio 'Arquitecto Palacios' no Día da Paz

- Publicidade -spot_img