spot_img
InicioBaixo MiñoVontade realiza terapias cos nenos e nenas da Comarca do Baixo Miño

Vontade realiza terapias cos nenos e nenas da Comarca do Baixo Miño

Vontade realiza terapias cos nenos e nenas da Comarca do Baixo MiñoNa Mancomunidade do Baixo Miño, existe o recurso de atención temperá para menores de 6 anos, que conta con profesionais das áreas de Psicoloxía, Logopedia e Fisioterapia

Revista COUSAS DE Nº17

A Asociación Vontade, apoia e complementa este recurso poñendo a disposición das persoas usuarias o servizo de Terapia Ocupacional. Por outra banda, e gracias a esta cofinanciación, no centro de recursos Vontade, cóntase con profesionais da Psicoloxía e do Traballo Social entre outras, para poder dar continuidade ás terapias unha vez que os nenos/as acaden os 6 anos de idade.

A súa base fundaméntase en ofertar unha atención especializada á infancia que presente dificultades do desenvolvemento ou con risco de padecer discapacidade. Búscase acadar a máxima autonomía da infancia que acode ao servizo, realizar un acompañamento psicosocial e de asesoramento ás súas familias, sen deixar de lado a importancia da sensibilización e concienciación social, actividade fundamental para acadar unha cultura inclusiva.

Tódalas terapias que se ofertan dende Vontade, realízanse dende unha metodoloxía baseada no xogo, e se traballa de maneira coordinada, entre as profesionais e os diferentes axentes sociais, destes, destaca a coordinación cos centros educativos, para así poñer en concordancia as líneas de actuación e acadar mellores resultados.

Para poder levar a cabo este servizo individual e especializado, conta coa financiación de 35.637,14€ da Xunta de Galicia procedentes da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, a cal é xestionada dende COGAMI.

Dende Vontade, agradecen a todas as persoas que marcaron, marcan e marcarán a X Solidaria na declaración da renda, no recadro “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, xa que grazas a elas pódense realizar e dar continuidade a proxectos desta índole e asegurar desta maneira, obxectivos como o de fomentar o acceso a servizos especializados en zonas rurais. Tamén animan a seguir facéndoo, xa que moitas das persoas que acoden a servicios cofinanciados por esta iniciativa, non poderían acceder a unha vida digna sen un apoio externo.

Vontade é unha a asociación sen ánimo de lucro que nace en 2003 ante as necesidades comúns de servizos especializados demandados por persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño. Dende a entidade se traballa para defender os dereitos deste colectivo ofrecendo os recursos precisos para fomentar a autonomía e autorrealización persoal e a inclusión social. Dende o noso centro de recursos para persoas con discapacidade situado en Tomiño, ofrecemos distintos servizos (Centro diúrno-terapéutico, atención á infancia, información e asesoramento, terapias individualizadas, etc.) dende as seguintes áreas profesionais: Educación Social, Fisioterapia, Logopedia, Psicoloxía, Terapia Ocupacional e Traballo Social.

A Asociación de persoas con Discapacidade Vontade atópase situada no barrio A Rocha 19B en Tomiño, 36740. Pódese contactar connosco no número de teléfono 986.62.30.44 ou no enderezo electrónico info@vontade.org. Tamén se pode ter acceso a máis información na nosa páxina web www.vontade.org ou no noso perfil de Facebook @Asociación.Vontade ou Instagram @crdvontade

- Publicidade -spot_img