spot_img
InicioBaixo MiñoVIII Travesia a Nado da Eurocidade Tui-Valença

VIII Travesia a Nado da Eurocidade Tui-Valença

VIII Travesia a Nado da EurocidadeO sábado, 4 de agosto celebrarase a VIII Travesía a Nado da Eurocidade Tui-Valença. Unha proba que este ano terá carácter popular cunha distancia de case 1000 metros entre o Cais de Valença e a praia da Mariña en Tui.  A saída será ás 11 hora española coincidindo coa pleamar.

A inscrición, de balde, está aberta ata o propio 4 de agosto ás 10 hora española a través da web acuaticasminho.com. Agárdase unha participación cercana ao centenar de nadadores e nadadoras, xa que ate hoxe hai xa preto de cincuenta inscritos. Todos eles serán agasallos cunha camiseta conmemorativa.  Para participar é obrigatorio o uso de gorro de natación, e está permitido o uso de aletas e neopreno.

A organización corresponde á Eurocidade Tui-Valença xunto a Actividades Acuáticas Minho SLU, coa colaboración do club Natación Baixo Miño, os Bombeiros Voluntarios de Valença e Actividades Aquáticas Alto Minho.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.