spot_img
InicioVigo e áreaVigoVigoCultura oferta este outono 37 funcións para público adulto e familiar

VigoCultura oferta este outono 37 funcións para público adulto e familiar

O Auditorio Municipal de Vigo acollerá os próximos dous meses a programación de Vigocultura O Concello de Vigo presenta a súa programación Vigocultura de artes escénicas para o segundo semestre do ano, despois de consolidarse nos últimos semestres como a mellor programación de artes escénicas de Galicia, e a única programación cultural que ademáis de non cancelar ningún espectáculo, reforzou programación con todas as medidas e protocolos de seguridade COVID. O compromiso co sector escénico e o apoio ás compañías é total por parte do Concello de Vigo.

 

Así pois, o Auditorio Municipal volve a abrir as portas de Vigocultura cun protocolo COVID específico. Un protocolo conservador cuxo único fin é garantir a seguridade de traballadores, artistas, técnicos e público xeral. Poderemos seguir desfrutando das mellores compañías de artes escénicas, con todas as garantías de seguridade, tal e como se ven facendo nas últimas edicións de Vigocultura, con todas as medidas de hixiene.

 

O aforo do Auditorio Municipal, que en circunstancias de normalidade conta cunha capacidade para 285 persoas, continúa reducido a 81, garantindo en todo momento a distancia mínima interpersoal.  Será obrigatorio en todo momento o uso da máscara de protección a partir dos 6 anos e recomendable entre os 3 e os 5.

 

Como sempre, trátase dunha programación elaborada desde e por o Concello de Vigo, que segue consolidando públicos, a través da diversidade de disciplinas e a variedade de estilos. Unha programación para todos os públicos composta por teatro, danza, bebés e máis circo que nunca.

 O programa está composto por 22 compañías, que realizarán un total de 37 funcións, con 22 espectáculos diferentes e 28 días de programación que se desenvolverá durante 2 meses, desde o último fin de semana de setembro e ata o último de novembro.

 

Novamente, e ante a situación de aforos reducidos, Vigocultura realizará dous pases para cada espectáculo, para público adulto os venres e sábados (20:00 h), e con dúas funcións os domingos nos espectáculos familiares, en horario de mañá e tarde, nunha mostra firme de apoio á cultura e ás compañías de artes escénicas. Para os máis pequenos da familia, haberá programación todos os domingos ás 12:30 e 18:00 horas, incluíndo circo, danza, teatro e espectáculos para bebés.

 

Os prezos dos espectáculos seguen a normativa establecida tanto pola Rede Galega de Teatros e Auditorios como polas ordenanzas fiscais municipais. Os prezos das entradas para os espectáculos para adultos serán entre 8 € e 10 €, e os dirixidos a público familiar de 5 €.

 

As venta de entradas e abonos comezará mañá xoves 2 de setembro a través da web de Giglon (www.giglon.com) e na Librería Librouro. As entradas soltas poderán adquirirse anticipadamente (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):


• A través da páxina web de Giglon (www.giglon.com).
• Na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.