·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorNigránPraia América acollerá en setembro a final do Campionato de España de...

Praia América acollerá en setembro a final do Campionato de España de Petenca Tripletas Masculino

Praia América acollerá en setembro a final do Campionato de España de Petenca Tripletas MasculinoO Concello de Nigrán acollerá do 10 ao 12 de setembro en Praia América a final do campionato de España de Tripletas Senior 1ª Masculino coa participación de 32 equipos de 13 federacións de petanca, o que convirte o evento nunha oportunidade única para difundir este deporte e o propio municipio.

Entre os clubes clasificados figura o C.C.D.Bolos da Carrasca, de Nigrán, cun equipo formado por Eladio Araújo, Marcelino Giráldez, Ramiro Alves e Santiago Alonso (da comarca de Vigo figuran o C.P. Ensino e C.P. Teis). Esta final estaba prevista para maio de 2020 pero a situación pandémica obrigou a aprazala ata en dúas ocasións.

Participan 32 equipos ( o C.C.D. Bolos da Carrasca compite cun equipo), de 13 federacións de toda España, o que supón máis de 120 persoas entre xogadores e técnicos

“Esta cita é posible grazas ao C.C.D. Bolos da Carrasca, os grandes promotores da petanca en toda a comarca, grazas ao seu tesón e esforzo Nigrán pode acoller esta final nacional que pon en valor o noso municipio no exterior e que o dá a coñecer, por iso consideramos Praia América como o mellor escenario”, destacou durante a presentación o alcalde, Juan González. Así, máis de 120 deportistas (entre xogadores e técnicos) se hospedarán nestes días en Nigrán e, adicionalmente, a canle de televisión LaLiga Sport TV o retransmitirá en directo a todo o país.

Para esta cita, o Concello de Nigrán habilitará na zona da antiga escola de vela de Praia América 16 canchas de competición, unha de adestramento e outra desde onde se televisarán as partidas. O venres 10 será a presentación dos equipos e o sorteo e durante todo o día 11 e 12 será a competición oficial, estando previsto a final para o domingo á tarde.

“Desde a Federación Española de Petanca trasladáronnos a súa ledicia por facer a final en Galicia, onde non se celebraba desde hai moitos anos, e persoalmente, estou moi orgulloso de que por vez primeira sexa Nigrán o municipio elexido”, destacou Antonio Arcas, presidente da Federación Galega e xogador do C.P.Ensino.

No CCD Bolos da Carrasca a propia seleccionadora galega Amelia Valverde ‘Milucha’ recoñece que é difícil acadar o título porque federacións como a de Andalucía ou Cataluña acuden con equipos de altísimo nivel. Compre destacar que o equipo feminino senior deste clube está tamén clasificado para a final, que se disputará en Mallorca do 24 ao 26 de setembro.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies