spot_img
InicioBaixo MiñoTui celebra a quinta edición da Feira do Peregrino

Tui celebra a quinta edición da Feira do Peregrino

Tui celebra a quinta edición da Feira do PeregrinoOs próximos 4 e 5 de setembro celébrase en Tui a quinta edición da Feira do Peregrino, unha feira que quere render homenaxe a todos os peregrinos que nalgún momento pasaron por Tui.

Miles e miles de peregrinos pasan cada ano por Tui no seu camiño cara a Santiago de Compostela, sendo esta cidade a porta a Galicia do Camiño Portugués o segundo máis concorrido tras o Camiño Francés.

Tras o parón obrigado no 2020 pola COVID-19 volve a Tui a Feira do Peregrino unha feira que chega á súa quinta edición organizada pola Asociación de Comerciantes e Industrias de Tui ( Acitui), Asociación Turismo Cidade de Tui e a Asociación Amigos do Camiño de Santiago de Tui e que os próximos días 4 e 5 de setembro encherá Tui con numerosas actividades como unha homenaxe a todos eses peregrinos que durante séculos pasaron polas súas rúa no seu camiño a Santiago de Compostela.

Esta Feira que contará con todos os protocolos e medias anticovid establecidos, chegará cun programa cargado de actividades de todos os ámbitos, desde música, cultura, animación, entretemento e moito máis.

Os actos comezarán o sábado 4 de setembro con charlas e conferencias na aula Uned de Tui relacionadas co Camiño de Santiago e baixo o Forum Peregrino 2021 organizado pola Asociación Peregrina Iacobus e que continuarán o domingo.

Ás 11 h do sábado dará inicio no Paseo da Corredera o Mercado de Artesanía do Peregrino e en horario de tarde levará a cabo e en colaboración con Alfombristas do Camiño de Santiago, a confección dunha alfombra floral de 28 m2 no rellano da Catedral de Tui.

Os actos principais deste sábado serán por unha banda o acto homenaxe ao peregrino, coa recreación escenográfica teatralizada da chegada a Tui de Cosme de Medici III, Príncipe da saga dos Medici, que pasou por Tui na súa peregrinaxe a Santiago desde o seu desembarco no Río Miño ata a súa chegada á Catedral de Tui, este acto terá lugar a partir das 17:30 h.

Ás 18:45 levará a cabo a lectura do pregón desta Feira da man de Miguel Pampín Rúa, Gran Mestre e Presidente da Orde do Camiño de Santiago, nas escalinatas da Catedral de Tui.

Ás 19 h e na Catedral de Tui terá lugar a Misa do Peregrino oficiada polo Excelentísimo e Reverendo Don Luís Quinteiro Fiuza, Bispo Diocesano de Tui-Vigo.

Este primeiro día complétase con actividades infantís, concurso de caracterización do peregrino, proxección audiovisual e un Gran Espectáculo de Queimada con Conxuro.

O domingo 5 de setembro continúan as actividades do día anterior como conferencias, feira de artesanía, pasacalles, concurso de debuxo e a actuación teatral de humor do grupo “Fulano, Mengano e Citano” coa súa obra Ou que hai que ver!

Tui homenaxea e agradece desta forma a todos os peregrinos que no seu día, percorreron, percorren e percorrerán a súa empedradas e históricas rúas no seu camiño cara a Santiago de Compostela.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.