spot_img
InicioPontevedra e ÁreaVigo mostra a súa capacidade industrial e innovadora

Vigo mostra a súa capacidade industrial e innovadora

Vigo mostra a súa capacidade industrial e innovadora
Unha das empresas visitadas é Hermasa, dedicada á fabricación de maquinaria para a conserva

Zona Franca mostra á Secretaria de Estado de I+D+I a capacidade innovadora da industria viguesa. Ángeles Heras afirma que o coñecemento e a innovación son as claves para o benestar social do pais.

A Secretaria de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ángeles Heras, puido coñecer da man do Delegado, David Regades, o traballo de Zona Franca como principal axente investidor da comarca de Vigo e a actividade investigadora de varias empresas instaladas en parques do Consorcio da Zona Franca como Optar Solutions, unha empresa en expansión que se converteu nun referente en I+D+i no sector das telecomunicacións, e visitar tamén a empresa de tecnoloxía conserveira Hermasa, un exemplo de desenvolvemento tecnolóxico e innovación cuxos produtos teñen unha demanda global xa que como destacou o seu director Pablo Rodríguez “non existe no mundo unha conserveira de peixe que non teña unha máquina fabricada en Galicia“. “Despois do visto, ratifícome: Vigo ten unha capacidade de innovación moi por encima da media española” declarou Ángeles Heras quen aproveito para felicitar ao alcalde de Vigo, Abel Caballero polo feito de que recentemente o Ministerio de Ciencia distinguise a Vigo como “Ciudad Innovadora 2019”.
Ángeles Heras aproveitou a presenza ante os medios de comunicación para enviar unha mensaxe aos centros tecnolóxicos e ás pemes innovadoras galegas animándoas a presentarse á convocatoria aberta ata o 15 de xullo polo CDTI baixo o Programa Cervera de transferencia de coñecemento entre centros tecnolóxicos e Pemes innovadoras
Durante a presentación das actividades de Zona Franca, e para trasladar ao ministro Pedro Duque, Ángeles Heras interesouse pola actividade espacial do CINAE e de empresas instaladas en Porto do Molle como Delta Vigo, cualificada como TIER 1 do sector aeronáutico. “Coñecemento e Innovación como claves do benestar social do país” así resumiu Ángeles Heras a política do Goberno para estes próximos 4 anos e así o reflectiu no libro de firmas de Zona Franca antes de trasladarse ao Parque Tecnolóxico onde aproveitou a presenza ante os medios de comunicación para enviar unha mensaxe aos centros tecnolóxicos e ás pemes innovadoras galegas animándoas a presentarse á convocatoria aberta ata o 15 de xullo polo CDTI baixo o Programa Cervera de transferencia de coñecemento entre centros tecnolóxicos e Pemes innovadoras, que ten unha dotación de 620 millóns de euros.
 Vigo mostra a súa capacidade industrial e innovadora
Tanto David Regades como Ángeles Heras estiveron de acordo en que España necesita un marco público estable e a longo prazo de apoio ao sistema de I+D+i, entendido como alicerce estratéxico do Estado para avanzar na sociedade do coñecemento e cara a unha economía sustentable. “Necesitamos este tipo de industrias avanzadas que fan Industria para a Ciencia” comentou a Secretaria de Estado.
O Delegado de Zona Franca afirmou que “ hoxe sen dúbida sentaron as bases para acelerar e aumentar as accións de innovación captando aínda máis fondos europeos e investimento para a área de Vigo, Concello, Zona Franca, Universidade e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades”.

Despois dunha comida de traballo á que asistiron a Presidenta da Deputación, o Delegado de Zona Franca, o Alcalde e o Reitor, pola tarde a visita continuou na Autoridade Portuaria de Vigo, onde presentaron á Secretaria a iniciativa Blue Growth Atlantic Vigo, un dos sectores –o da denominada economía azul- considerado como de maior desenvolvemento económico nacional e internacional para os próximos anos. Posteriormente, a Secretaria de Estado terminou a súa visita a Vigo coñecendo a aceleradora da empresa Kaleido Logistics Tech Accelerator o primeiro programa de aceleración de startups do sector loxístico impulsado para conectar a importantes empresas do sector loxístico coas mellores e máis disruptivas startups de todo o mundo.

- Publicidade -spot_img