spot_img
InicioVigo e áreaVigoVigo disporá dun centenar de profesionais para a seguridade nas praias

Vigo disporá dun centenar de profesionais para a seguridade nas praias

Imaxe de arquivo do alcalde en Samil, xunto ao equipo municipal de socorrismo e salvamento.

As praias de Vigo terán servizo de salvamento e socorrismo durante tres meses, desde este mércores, 15 de xuño, ata o próximo 15 de setembro.

Revista COUSAS DE Nº13

O Concello engade este ano un areal máis con respecto ao pasado, o de Santa Baia, que tamén obtivo a bandeira azul, e destina ao efecto 620.000 euros.

Once praias viguesas terán salvamento este verán: Rodas, Fortiñón, Canido, O Vao, Fontaíña, Samil, Argazada, Tombo do Gato, Santa Baia, Carril e A Punta. Todas estas teñen bandeira azul. Para cubrir o socorrismo en todos estes espazos ao longo dos tres meses, Vigo contrata a uns 70 profesionais, entre socorristas, monitores de accesibilidade ao baño, axudantes de primeiros auxilios, enfermeiras, operadores de telecomunicacións, técnicos de emerxencia, etcétera.

O dispositivo municipal que o Concello ultima para a seguridade dos bañistas rondará os cen efectivos, segundo cifrou este luns Abel Caballero en rolda de prensa. Aos setenta profesionais xa citados, se suman os socorristas das cinco piscinas de Samil e aproximadamente unha trintena de homes e mulleres de Protección Civil e da unidade Costa e Praia da Policía Local de Vigo.

O alcalde recordou que a cidade xa ten en funcionamento as piscinas de Samil, operativas todos os días da semana entre as 12:30 e as 20 horas. Estarán abertas ata o 30 de setembro e dispoñen dun socorristas en cada unha das cinco.

Abel Caballero puxo en valor que Vigo conte con todo o persoal de salvamento e socorrismo que precisa para o servizo estival, tendo en conta a escaseza de efectivos existente neste sector. O alcalde atribuíuno á previsión municipal e ás boas condicións que ofrece o Concello, ademais de á celebración, por segundo ano consecutivo, dun curso de capacitación profesional para exercer de socorrista.

- Publicidade -spot_img